(I) O capuz do manto de la listada que vos cobre ben a testa con tan nobre peliza, dicide agora, cabaleiro: alfaiate ou peleteiro, cal volo dispuxo así?
(II) Tal capuz vos convén traer con tal peliza; mais sobre iso, deses dous oficiais artesáns dicídeme o que vos digo, cabaleiro, amigo meu: cal volo dispuxo tan ben?
(III) Do que deles mellor sabe de facer un capuz con peliza dádeme agora noticia, e non sexa ocultado o por que vós o sabedes: cal volo dispuxo mellor?
Esta cantiga foi feita a un plebeo rico chamado Roi Fáfez, e o rei Don Afonso, fillo do rei Don Denis, fíxoo cabaleiro, por rogo de Miguel Vivas, bispo electo de Viseu e privado seu, porque casou cunha sobriña súa, e era calvo; e porén el fixo un capuz grande de marví cun ribete de peliza de varios tons e con ornamentos dourados, aberto por diante; e ancheábase polas costas, polos ombros todo arredor, e dobrábao por encima da calva para que se lle vise a peliza.