I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 393-394 [= LPGP 794]); Cohen (2003: 440); Fernández Campo (2012: 157); Littera (2016: II, 326-327).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 278); Braga (1878: 153); Machado & Machado (1956: V, 314).
6 fazedes] façedes V 17 este] estes B
4 dé] dê Nunes, Littera 10 dé] dê Nunes, Littera 12 mi] me Nunes 13 sei que mi queredes [gran] ben] sei [eu] que mi queredes ben Cohen, Littera 15 vos [fremosa] fez] [fremosa] vos fez Nunes 16 dé] dê Nunes, Littera 18 mi] me Nunes
(I) –Amigo, mándovos falar comigo cada vez que queirades.
–Miña señora fermosa, Noso Señor volo retribúa, que o pode facer, por todo este ben que me dicides e (por) calquera outro ben que me fagades.
(II) –Pois vós sufrides tanto por min, cando queirades falade comigo.
–Ai miña señora, vedes o que vos digo: que o Noso Señor volo retribúa por todo este ben que me dicides e (por) calquera outro ben que me fagades.
(III) –Porque sei que me queredes moito, falade comigo, que é ben e é prez.
–Noso Señor, que vos fixo fermosa, volo retribúa moito por todo este ben que me dicides e (por) calquera outro ben que me fagades.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C (I, III [= Tav 160:270]) + 9’a 9’b 9’b 9’a 9’C 9’C (II [= Tav 160:307])
O v. 16 (vos dé sempre mui bon grado por én) marca o camiño para a integración de mui neste verso: Nostro Senhor vos dé [mui] bon grado.
A necesidade de máis unha sílaba métrica do verso levou a Cohen e Littera a introducir nel o pronome eu (Porque sei [eu] que mi queredes ben), solución tamén posíbel.
A situación de fremosa no verso podería ser outra (véxase que [fremosa] vos fez en Nunes); porén, a mesma secuencia atéstase en Pero Gomez Barroso, no primeiro verso do refrán da cantiga 749:
gradesc’a Deus eno meu coraçon
que m’El fremosa fez: ...