892 [= Tav 117,7 (= 157,64)]
[V]ou-m’eu, fremosa, pera ‘l-rei

[V]ou-m’eu, fremosa, pera ‘l-rei:
por vós, u for, penad’irei
d’amor, d’amor, d’amor, d’amor,
por vós, sennor, d’amor.
Vou-m’eu a la corte morar:
por vós, u for, ei a penar
d’amor, d’[amor], d’[amor, d’amor,
por vós, sennor, d’amor].
E, se vos non vir, que farei?
Cuidand’en vós, morrer-vos-ei
d’amor, d’[amor], d’[amor, d’amor,
por vós, sennor, d’amor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


A 284

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 563); Reali (1962: 179 [= LPGP 755-756]); Littera (2016: II, 267).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 167); Machado & Machado (1960: VII, 65); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 11-12); Nemésio (1961 [1949]: 175); Piccolo (1951: 24); Nunes (1959: 249); Landeira Yrago (1975: 78); Torres (1977: 490); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 178); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 39-40).

Variantes manuscritas


9 Se vos eu] [E] se uos eu A   10 vos] uos A

Variantes editoriales


4 d’amor] d’amor, [d’amor] Michaëlis, Reali, Littera   8 d’amor] d’amor, [d’amor] Michaëlis, Reali   9 Se vos eu non vir] E se vos non vir’ Michaëlis, Reali : E se vos nom vir Littera   10 vos] vos Michaëlis   12 d’amor] d’amor, [d’amor] Michaëlis, Reali

Paráfrasis


(I) Fermosa, eu voume onda o rei: a onde for, por vós penado irei de amor, de amor, de amor, de amor, por vós, señora, de amor.

(II) Voume eu á corte morar: a onde for, por vós hei de penar de amor, de amor, de amor, de amor, por vós, señora, de amor.

(III) Se vos eu non vir, que farei? Pensando en vós, heivos morrer de amor, de amor, de amor, de amor, por vós, señora, de amor.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8B 6B (= Tav 37:54)

Notas


Texto
  • *

    A cantiga, que, como a anterior, só foi transmitida por A, cerra o ciclo de textos que, como antes sinalamos, lle é atribuído a Solaz atendendo a que as dúas pezas centrais del figuran em B e V baixo a rúbrica do autor. O ciclo é compacto, como tamén sinalamos a propósito do poema precedente, polo que non cabe pór en dúbida a autoría de Solaz, a non ser que se cuestione a das cantigas que nos apógrafos italianos estea errada ou sexa discutíbel (para a cuestión da autoría, véxase o comentario á cantiga precedente, nº 891).
    No tocante ao xénero é unha cantiga de amor, dun home que vai morar á casa do rei, servilo (= guerra) (nunca vin unha muller que tal fixese) e que se vai penado de amor e que morrerá pensando na fremosa. De ningún modo este texto é unha cantiga de amigo, pois a voz é masculina. En palabras de Brea (2005: 274), «a inclusión [de A 284] no ‘xénero de amor’ responde case exclusivamente á consideración de “fremosa” do primeiro verso como apóstrofe e non como aposición a “eu” e á aparición do apóstrofe “senhor” no refrán». Considérese, ademais, canto foi sinalado a propósito da cantiga precedente.

  • 1

    Non é frecuente a crase vocálica do artigo el- co vocábulo anterior. Véxanse outros casos en agora ‘l-rei (51.1) e manda ‘l-rei (1434.15). Véxase nota a 73.19.

  • 4

    O texto subministrado polos manuscritos non autoriza a nivelación métrica, en versos octosilábicos, que nas precedentes edicións foron realizadas no segundo verso do refrán, xa que a combinación de octosílabos con hexasílabos ten certa presenza no corpus de refráns.

  • 5

    Neste verso rexístrase a forma la do artigo, con conservación de /l/ na procura dunha retórica arcaizante que adorne determinadas cantigas de amigo, sobre todo aquelas de carácter popularizante (véxase Ferreiro 2008b, 2013). Idéntica circunstancia se verifica nas composicións 587, 609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 903, 969, 1130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314, do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).

  • 9

    Todos as edicións da cantiga aceptan a proposta de Michaëlis («No verso 9 supprimi uma syllaba que sobejava»), e omiten, por tanto, o pronome eu. Non obstante, antendendo ao paralelismo (coa presenza de eu no verso inicial das anteriores estrofas), debería conservarse o pronome e considerarse espuria a copulativa inicial, que converte o verso en hipermétrico. 
    Efectivamente, existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.

Buscar
    Sin resultados