791 [= RM 81,18]
Quero-vos ora mui ben conselhar

Quero-vos ora mui ben conselhar,
ai meu amig’, assi me venha ben:
se virdes que me vos quer’as[s]anhar,
mia sanha non tenhades en desden,
ca, se non for, mui ben sei que sera:
se m’as[s]anhar, alguen se que[i]xará.
Se m’assanhar, non façades i al
e sofrede a sanha no coraçon,
pois vos eu posso fazer ben e mal:
de a sofrerdes faredes razon,
ca, se non for, [mui ben sei que sera:
se m’assanhar, alguen se queixará].
E, pois eu ei en vós tan gran poder
e averei enquant’eu viva for,
ja non podedes per ren ben a[ve]r
se non fordes de sanha sofredor,
ca, [se non for, mui ben sei que sera:
se m’assanhar, alguen se queixará].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 795, V 379

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 187-188 [= LPGP 558]); Cohen (2003: 263); Fregonese (2007: 127); Littera (2016: II, 17-18)
II. Outras edicións: Monaci (1875: 144); Braga (1878: 72); Machado & Machado (1953: IV, 94-95).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 97).

Variantes manuscrites


1 vos] uos BV   3 me vos] me9 B   4 desden] desem B   7 façades] facad’s B   8 sofrede] ffofd’ B : nos de V; no] nō V; coraçon] coracom BV   9 vos] uos BV   10 de a sofrerdes faredes razon] de a nofrerđs fare des rraçō V   13 vós] uꝯ BV; tan] cā B   15 a[ve]r] ai BV   16 sofredor] sofd’or B

Variantes éditoriales


2 amig’] amigo Fregonese   6 que[i]xará] quexará Cohen, Littera   8 sofrede a sanha] sofred’a sanha Nunes   12 queixará] quexará Cohen, Littera   15 a[ve]r] a[ver] Cohen   18 queixará] quexará Cohen, Littera

Paraphrase


(I) Quérovos agora aconsellar moi ben, ai meu amigo, así me veña ben: se vedes que me quero asañar contra vós, non desconsideredes a miña ira, pois, se non é así, sei moi ben o que sucederá: se me asañar, alguén se queixará. 

(II) Se me eu asañar, non fagades nada e sufride a miña ira no corazón, xa que vos eu podo facer ben e mal: obraredes moi ben se a sufrirdes, pois, se non é así, sei moi ben o que sucederá: se me asañar, alguén se queixará.

(III) E xa que eu teño sobre vós tan gran poder, e tereino mentres viva, non poderedes conseguir ben de ningún modo se non sufrides a miña ira, pois, se non é así, sei moi ben o que sucederá: se me asañar, alguén se queixará.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:20)

Encontros vocálicos: 8 sofredea

Notes


Texte
  • 1

    Nótese como o íncipit desta cantiga foi utilizado tamén por Afonso X na cantiga 487, de teor escarniño.

  • 6

    As formas como le[i]xar e que[i]xar (e derivados), con aparente absorción fonética da vogal palatal por parte de /ʃ/, son certamente esporádicas no corpus (só en 38.6; 371.27; 637.1, 726.1, 1319.3, 7 e 14; 1547.20), e semellan produto de omisións por parte dos copistas: <quexume> A, <queixume> B queixume (238.3); <lexedes> A, <leixedes> BV lexedes (387.9); <quexume> B, <queixume> V queixum’e (785.2); <lexou> B, <leixou> V leixou (989.30); <lexou> B, <leyxou> V leixou (1319.7); <lexad> B, <leixad> V leixad[e] (1365.2).

    Cohen, contrariamente á forma que[i]xa que estabeleceu en 726.1, neste caso mantivo a lección dos manuscritos, igual que acontece coa edición de Littera.

  • 13

    A lección dos apógrafos italianos mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, común aos tres grandes cancioneiros. Así, en BV, pode verse a lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V). Porén, o lapso de copia rexístrase tamén no Cancioneiro da Ajuda fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A vs. <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8 etc.; e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B). 

Rechercher
    Aucun résultat trouvé

    Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
    Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :

    ParamètresAccepter