836 [= Tav 114,19]
Que muitas vezes eu cuido no ben

Que muitas vezes eu cuido no ben
que meu amigo mi quer e no mal
que lhi por mí de muitas guisas ven!
Mais, quand’aquesto cuid’, ar cuid’eu al:
se mi quer ben, que lho quer’eu maior,
e, se lhi ven mal, que é por senhor.
E, pois assi [é], que razon diria
por que non sofra mal? Non á razon,
e, u eu cuido que non poderia,
tan gran ben mi quer, cuido log’enton,
se mi quer [ben, que lho quer’eu maior
e, se lhi ven mal, que é por senhor].
E por tod’esto dev’el a sofrer
tod’aquel mal que lh’oje ven por mí;
pero cuido que non pode viver,
tan gran ben mi quer, máis [cuido] log’i,
se mi quer ben, [que lho quer’eu maior
e, se lhi ven mal, que é por senhor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 839, V 425

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 200-201); Cunha (1999 [1945]: 136-137); Monteagudo (1984: 356 [= LPGP 721]); Cohen (2003: 300); Littera (2016: II, 227-228).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 159); Braga (1878: 80); Cotarelo Valledor (1934: 212-213); Machado & Machado (1953: IV, 154-155).

Variantes manuscritas


9-10 que non poderia / tan gran ben mi quer, cuido] om. B   14 ven] nō V

Variantes editoriais


En Littera non é indicada tipograficamente a existencia de refrán. 
4 cuid’, ar] cuido Nunes   7 E, pois assi [é], que] E, pois assi [é, eu] Nunes : E, poys (é) assi, que Cunha   11 quer’eu] quer eu Nunes

Paráfrase


(I) Cantas veces penso eu no moito que me ama meu amigo e no mal que por min lle vén de tantos modos! Mais, cando penso isto, penso tamén outra cousa: se me quere ben, que aínda máis o amo eu, e, se sofre, que sofre por senhor.
(II) E, pois así é, que lle diría para que non sufra mal? Non hai nada [que lle poida dicir], e, cando coido que non podería, tanto me ama, penso logo entón que, se me quere ben, aínda máis o quero eu, e, se sofre, que sofre por senhor.
(III) E por todo isto debe sufrir el todo aquel mal que hoxe lle vén por min; aínda que penso que non pode vivir, tanto me ama, máis penso logo que, se me quere ben, aínda máis o quero eu, e, se sofre, que sofre por senhor.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 10C 10C (I, III [= Tav 99:23]) + 10’a 10b 10’a 10b 10C 10C (II [= Tav 99:31])

Notas


Texto
  • 1

    O abrupto inicio da cantiga con que é frecuente no corpus trobadoresco, sempre seguido de muito ~ mui, que confire un carácter exclamativo (‘Canto...!’) ao inicio da composición (196.1, 199.1, 393.1, 407.1, 574.1624.1, 866.1, 942.1, 1023.1, 1040.1, 1173.1, 1397.1), para alén de que se poida tamén considerar que a conxunción inicial introduce un período dependente dun verbo declarativo elíptico nalgunhas cantigas (253.1, 432.1, 737.1).

  • 7-8

    Nas edicións anteriores á de Cohen, a emenda proposta, e a conseguinte modulación destes dous versos, é diferente. Nunes modifica de forma substancial o texto:
              E pois assi [é, eu] razón diria:
              porque non sofra mal non á razon, / ...
    Eis Cunha (seguido por Monteagudo), sen considerar a probábel sinalefa é‿assi (véxase nota a 754.4):
              E, poys (é) assi, que razom diria?
              Porque nom sofra mal nom é razom, / ...

    Porén, a única corrección que debe facerse consiste en recuperar a forma verbal é, que devolve a medida e o sentido do verso, prolongando a interrogación até o v. 8.

  • 10

    A cláusula tan gran ben me quer é parentética, o mesmo que no v. 16, onde se repite. Enténdase, pois: ‘... que lle diría para que non sufra mal? Non hai nada que lle poida dicir, e, cando coido que non podería amar tanto (tanto el me quere), penso logo entón que, se me quere ben, aínda o quero eu máis, e se lle vén mal é por culpa súa'.

  • 16

    De novo resulta evidente a lacuna de dúas sílabas, recuperábel con cuido a partir das estrofas precedentes, paralelísticas:
              Mais, quand’aquesto cuid’, ar cuid’eu al (v. 4)
              tan gran ben mi quer, cuido log’enton (v. 10)
              tan gran ben mi quer, máis [cuido] log’i (v. 16).
    Canto ao adverbio máis, semella a única opción posíbel para que o texto funcione semanticamente: ‘aínda que penso que non pode vivir (tanto me quere!), máis penso logo que, se me quere ben, aínda o quero eu máis...’.

Procurar
    Não foram encontrados resultados