1023 [= RM 63,67]
Que mui leda que eu mia madre vi

Que mui leda que eu mia madre vi
quando se foi meu amigo d’aqui!
E eu nunca fui leda nen dormi,
amiga, depois que s’el foi d’aquen,
e ora ja dizen-mi del que ven,
e mal grad’aja mia madre por én.
Ela foi [mui] leda, poi-lo viu ir,
e eu mui triste, poi-lo vi partir
de , ca nunca máis pudi dormir,
amiga, depois que s’el foi d’aquen,
e ora ja dizen-mi del que ven,
[e mal grad’aja mia madre por én].
P[er]o quando s’el foi d’aqui al rei
foi mia madre mui led[a], e o sei,
eu fui [mui] trist[e] e sempre chorei,
amiga, depois que s’el foi d’aquen,
e ora ja dizen-mi del que ven,
[e mal grad’aja mia madre por én].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 1019, V 609

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 269); Rodríguez (1980: 187 [= LPGP 403]); Cohen (2003: 552); Littera (2016: I, 449).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 217); Braga (1878: 117); Machado & Machado (1956: V, 12-13); Fernández Pousa (1959: 242).

Manuscript variants


4 foi] fay V   5 e ora] Cora B : cora V   11 e ora] cora V   13 P[er]o] Po B : De V; foi] fon B : ffoij V

Editorial variants


En Littera o refrán está constituído unicamente polos vv. 5-6 de cada estrofa.

7 [mui]] om. Nunes   13 P[er]o quando s’el foi d’aqui al rei] De[s] quando s’el foi d’aqui a [e]l rei Nunes, Littera : De[s] quando s’el[e] foi d’aqui al rei Cohen   14 led[a], e o sei] led’eu ben o sei Nunes : led[a], e[u] o sei Littera   15 eu fui [mui] triste sempr[e] e chorei] [e] fui triste sempre [e] chorei Nunes : [e] fui [mui] triste sempr’e chorei Rodríguez, Littera

Paraphrase


(I) Que leda eu vin a miña nai cando se foi o meu amigo de aquí! E eu nunca me sentín leda nin durmín, amiga, despois que el se foi de aquí, e dinme del agora que vén, e sufra pesar miña nai por iso.

(II) Ela ficou moi leda, porque o viu irse, e eu moi triste, porque o vin afastarse de min, que nunca máis puiden durmir, amiga, despois que el se foi de aquí, e dinme del agora que vén, e sufra pesar miña nai por iso.

(III) Aínda que cando el se foi de aquí para a corte do rei ficou miña nai moi leda, seino eu, eu fiquei moi triste e sempre chorei, amiga, despois que el se foi de aquí, e dinme del agora que vén, e sufra pesar miña nai por iso.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10B 10B 10B (= RM 19:17)

Notes


Text
  • 1

    O abrupto inicio da cantiga con que é frecuente no corpus trobadoresco, sempre seguido de muito ~ mui, que confire un carácter exclamativo (‘Canto...!’) ao inicio da composición (196.1, 199.1, 393.1, 407.1, 574.1624.1, 836.1, 866.1, 942.1, 1040.1, 1173.1, 1397.1), para alén de que se poida tamén considerar que a conxunción inicial introduce un período dependente dun verbo declarativo elíptico, que nalgún texto é claro (253.1, 432.1, 737.1).

  • 2

    Este verso, que reaparece en 1022.2, é tamén o incipit dunha cantiga de amigo de Joan Vaasquiz de Talaveira (781.1).

  • 5

    A reiteración da secuencia adverbial ora ja nunha cantiga de Roi Paez de Ribela (e ora ja direi-vos que mi aven, 300.r1) parece indicar que funciona como unha expresión que, a diferenza de ja, non provoca a énclise pronominal.

  • 7

    A necesaria reintegración de mui (Ela foi [mui] leda...) pola hipometría do verso vén indicada pola presenza do adverbio no v. 1 (Que mui leda que eu mia madre vi) e mais no v. 14 (foi mia madre mui led[a], e o sei).

  • 13-15

    Neste período, os problemas xerados pola omisión dalgúns elementos fan que as propostas editoriais sexan diversas. Por unha parte, Nunes e Cohen adoptan unha diferente decisión editorial canto ao elemento inicial do v. 13 (<Po> B, <De> V), ao tempo que acrecentan unha sílaba no verso: Des quando ... a el-rei (Nunes, Littera), Des quando... ele... (Cohen); esta opción, que reitera a construción temporal nos vv. 13 e 16 (des quando ... depois que), obriga á reintegración dunha copulativa inicial no v. 15 para ligar sintacticamente os dous períodos.

    Non obstante, coidamos que, do punto de vista ecdótico, é máis económica a reintegración da abreviatura ausente na lección de B (<Po>/<P[er]o>), ao tempo que reintegramos o adverbio intensificador con triste (v. 15), en liña coas repetidas construcións da composición: mui leda (vv. 1, 7, 14), mui triste (vv. 8, 15).

    Ademais, ao longo do corpus trobadoresco profano aparece con frecuencia a frase formularia de tipo aseverativo e o sei, variación da máis xeral eu o sei (cun ton enfático que explica a próclise pronominal), que aínda conta con outras fórmulas expresivas moi similares (sei-o eu, aquesto sei eu, ben o sei, ben sei, esto ben sei, eu sei etc.). É por isto que non é necesaria a emenda e[u] realizada en todas as precedentes edicións, xa que a presenza de e o sei está garantida tamén en 212.14, 235.28, 423.12, 1115.7, 1419.10 e 1500.3, por máis que moi frecuentemente fose corrixida polos editores. Cfr. nota a 301.6.

Search
    No results

    This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
    Click below to accept or to edit your cookie settings.

    SettingsAccept