1050 [= Tav 63,35]
Meu amig’e meu ben e meu amor

Meu amig’e meu ben e meu amor,
disseron-vos que me viron falar
con outr’ome por vos fazer pesar,
e por én rog’eu a Nostro Senhor
que confonda quen vo-lo foi dizer,
e vós, se o assi fostes creer,
e min, se end’eu fui merecedor.
Ja vos disseron por mí que falei
con outr’om’e que vos non tiv’en ren,
e, se o fiz, nunca mi venha ben;
mais rog’a Deus sempr’e roga-lo-ei
que cofonda quen vo-lo diss’assi,
e vós, se tan gran mentira de min
crevestes, e min, se o eu cuidei.
Sei que vos disseron, per bõa fe,
que falei con outr’om’e non foi al,
senon que vo-lo disseron por mal;
mais rog’a Deus, que no ceo sé,
que cofonda quen vos atal razon
diss’, e vós, se a crevestes enton,
e que cofonda min, se verdad’é.
E cofonda quen á tan gran sabor
d’antre min e vós meter desamor,
ca [o] maior amor do mund[o] é.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 1046, V 636

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 295-296); Rodríguez (1980: 267 [= LPGP 387-388]); Cohen (2003: 581); Littera (2016: I, 465-466).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 226); Braga (1878: 122); Machado & Machado (1956: V, 47); Fernández Pousa (1959: 269).
III. Antoloxías: Oliveira & Machado (1959: 111-112); Torres (1977: 459); Ferreira (1991: 84-85).

Variantes manuscrites


1 Meu amigue meu ben e meu amor / (E meu amor) B   2 viron] uyton B   3 vos] uos BV   4 por én] poreu B   7 min] mj B; end’eu] eu deu B : en den V; merecedor] mer cedor B   8 Ja] E ia BV   12 cofonda] confonda V   14 cuidei] cuyder B   18 Deus] des V; no] non B   19 cofonda] confonda V   20 se a] sen B   22 cofonda] confonda V   23 meter] mer’ B   24 do] de V

Variantes éditoriales


7 Ja] |E| Ja Cohen   9 om’e] ome Nunes   12 cofonda] confonda Nunes, Cohen, Littera   13 min] mi Nunes, Rodríguez   18 no] [e]no Cohen, Littera; sé] se[e] Nunes   19 cofonda] confonda Nunes, Cohen, Littera   21 cofonda] co[n]fonda Nunes, Cohen, Littera   22 cofonda] confonda Nunes, Cohen, Littera   24 ca [o] maior amor do mund[o] é] ca maior amor no mundo [non] é Nunes : ca [o] maior amor no mund[o] é Rodríguez

Paraphrase


(I) Meu amigo e meu ben e meu amor, dixéronvos que me viron falar con outro home por vos causar sufrimento, e por iso rogo a Noso Señor que condene a quen volo foi dicir, e a vós, se así o crestes, e a min, se diso fun merecedora.
(II) Xa vos dixeron de min que falei con outro home e que non vos tiven en consideración, e, se o fixen, xamais me veña ben; mais sempre rogo a Deus e rogareille que condene a quen volo dixo así, e a vós, se crestes tan grande mentira de min, e a min, se o pensei.
(III) Sei que vos dixeron, abofé, que falei con outro home, e non foi así, senón que volo dixeron por mal; mais rogo a Deus, que no ceo está, que condene a quen vos tal cousa dixo, e a vós, se a crestes entón, e que me condene a min, se é verdade.
(1) E condene a quen tira tal satisfacción de pór desamor entre eu e vós, porque temos o maior amor do mundo.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:38) + 10d 10d 10a

Encontros vocálicos: 18 ma·is

Notes


Texte
  • 1

    Os termos da invocación cunha fórmula tripartida de Joan Airas para se referir ao amigo (meu amig’e meu ben e meu amor), xunto coa fórmula de Don Denis (meu amig’e meu ben e meu prazer; 599.3) sobrancean no corpus trobadoresco, onde a fórmula dominante é meu amig’e meu lum’e meu ben (693.3, 823.1, 1043.10, 1195.20, 1220.r1, 1265.7).

  • 5

    Aínda que neste verso só aparece a variante confonder, común a BV, nos vv. 12, 19, 21 e 22 é utilizada a variante cofonder (fronte, en xeral, a confonder en V), reflectindo unha variación lingüística que afecta a este verbo no corpus trobadoresco, e na produción medieval en xeral. Así, para alén da aparición de confunda en 115.27 (véxase nota), na lingua da poesía profana é xeral a forma cofonder, con evolución [nf] > [f] (véxase Ferreiro 1999: §101e), similar á variación inferno ~ iferno (véxase nota a 379.11), sendo minoritaria a forma máis conservadora confonder (só en 203.8, 216.10, 1050.5, 1224.15, 1407.6 e 1650.14). Con todo, a variación cofonder ~ confonder aparece con frecuencia nos cancioneiros, para alén da variación que se detecta nos vv. 12, 19 e 22 da presente cantiga en B/V: cofonder A vs. confonder B (197.28, 216.19), cofonder B vs. confonder A (194.7, 203.8, 216.10), cofonder B vs. confonder V (990.11, 1497.27), cofonder V vs. confonder B (990.12, 1224.15, 1650.14). Cfr. nota a 379.11.

  • 6

    Nesta cantiga multiplícase a aparición (simétrica) de formas pronominais tónicas, oblicuas, en función de complemento directo: vós (vv. 6, 13, 20), mí ~ min (vv. 7, 14, 21).

  • 7

    Nesta ocasión, e para non romper a simetría min - vós ao longo da composición (véxase nota ao v. 6), optamos pola variante min subministrada por V (fronte a en B).

  • 8

    O verso é introducido por unha copulativa que, probabelmente, é produto dun erro de copia no proceso de transmisión da cantiga, pois provoca hipermetría versal. O carácter espurio da copulativa pode intuírse a partir de pasaxes en que se pode determinar con seguranza ese carácter, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio de estrofa ou de verso. Véxanse, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

  • 14

    Nótese a presenza da raíz crev- nos tempos de pretérito (crevestes, tamén no v. 20), aínda sobrevivente perante as formas innovadoras de carácter analóxico que tamén se rexistran no corpus das cantigas profanas, onde aínda son minoritarias as formas creesse (pretérito de subxuntivo) e creer (futuro de subxuntivo). A mesma raíz, nas formas crevesse e crever, pode verse tamén nas seguintes pasaxes: 149.7, 460.18, 470.13, 534.7, 832.2, 1257.10, 1368.11, 1502.4 e 1666.6. Vexase Mariño Paz (2005: 192-196).

  • 18

    A contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c) converte en desnecesarias as intromisións ecdóticas de Nunes, Cohen e Littera, inducidas polo aparente problema de hipometría.

    Canto á P3 , a pesar da existencia da P2 sees (1383.2), a P3 do presente de seer, descendente de sĕdet, é a única forma rexistrada nas cantigas, con crase vocálica (véxase 618.15, 776.13, 1453.10), por rimar sempre con é e fe. Esta situación é similar á da prosa, onde o resultado arcaico see conta con poucos rexistros fronte á forma contracta (véxase CGPA, s.v. see, sé).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé