I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 418-419); Stegagno Picchio (1968: 118 [= LPGP 620]); Lopes (2002: 292); Littera (2016: II, 94-95).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 173-174); Braga (1878: 89); Machado & Machado (1953: IV, 227).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 203-204); Seoane (1941: 109-110); Álvarez Blázquez (1975: 56-57); Torres (1977: 366-367); Gonçalves & Ramos (1983: 248); Tavares & Miranda (1987: 14); Pena (1990: 258-259); Sansone (1990: 282); Alonso Girgado (1992: 64); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 60); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 160); Diogo (1998: 214); Arias Freixedo (2003: 603-604); Souto Cabo (2017: 169).
2 parar] ratar B 3 tornar] tojnar B : tomar V 4 ben] tem B 6 maos] maaos BV 7 morte] morce BV 9 e quantas cousas [e]no] eꝙ̄tas cousas no B : ēꝓtas armas nō V 11 dev’ant’a mort’a] denāta inorta B 13 vee i o] ueey o B : uedey o V; outra] ontra B 14 partir] parar V 15 mentr’era] met’ra B 16 muit’a] muyca B 17 morrer] moirer B 18 peior] peyar V 20 tenh’] cenh B 21 mui] mur V 23 ome i] hom̄j B : hom̄ V; mentre lhi ben for] mēqelhi bem far V
5 boos] bõos Stegagno Picchio : bõõs Lopes : bons Littera 6 maos] maaos Stegagno Picchio, Littera 8 aves[s]as] avesas Stegagno Picchio 9 [e]no] no Stegagno Picchio 10 aves[s]as] avesas Stegagno Picchio 13 e vee i o] e vee oj’o Lapa; mundo outra] mund’outra Lapa, Stegagno Picchio, Lopes, Littera 15 morreran] morreron Lapa : morrerom Lopes 16 an muit’a Deus [por én] que gradecer] an muit’a Deus que gradecer Stegagno Picchio : ham [por en] muit’a Deus que gradecer Lopes : ham muit’a Deus que [lhe a]gradecer Littera 19 vivos] vyvus Stegagno Picchio 23 morrer ome i] morrer ome Lapa : morrer home Stegagno Picchio : morrer homem Lopes, Littera
(I) Amigos, penso eu que Noso Señor xa non quere prestarlle atención a este mundo, pois véxoo cada día tornar de ben en mal e de mal en peor, xa que cada día vexo baixar os homes bos e vexo os maos teren poder sobre eles: por iso non teño medo da miña morte.
(II) O mundo todo vexo ir ás avesas e cantas cousas existen no mundo andar do revés, así Deus me perdoe; por iso non debe fuxir ante a morte quen coñece o ben que adoitaba haber e ve alí o mundo transcorrer doutro modo, e (sabe que) non pode evitar a morte.
(III) Os que morreron mentres (o mundo) era mellor teñen moito que lle agradecer a Deus por iso, pois saben xa que non teñen de morrer nin tampouco esperan ver nada peor como hoxe esperan os que están vivos; e por iso penso eu que fai unha loucura quen se sente moi a gusto con este mundo.
(1) E por iso penso eu que é moito mellor que un home morra aí (neste mundo) mentres lle for ben.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10a 10a (= RM 161:163)
Encontros vocálicos: 5 bo͜os; 10 a‿aves[s]as; 12 sabe‿o, so·i·a; 13 ve͜e i‿o mundo‿outra; 19 como‿oj(e); 23 ome‿i
Na obra de Martin Moxa, clérigo trobador, salientan as sátiras de ton moralizante, que denuncian de forma xenérica a corrupción e a perda de valores do mundo presente (véxase tamén UC 878, 888, 917, xunto coa cantiga 897). Utilizando tópicos clásicos como o do Ubi sunt?, a voz poética lembra con saudade o tempo pasado en que o mundo se rexía por virtudes como a verdade, a lealdade, o saber, o bo xuízo, o valor ou a xenerosidade, e describe o tempo actual, que aborrece, como un mundo ás avesas, pois nel imperan a vileza, a covardía, a necidade e a mentira.
Esta modalidade poética de Martin Moxa debeu ser xa recoñecida na época, até o punto de ser utilizada como tópico literario polo trobador Joan de Gaia nunha sátira contra un prelado corrupto onde, entre outros argumentos para que acepte o convite a xantar, se lle di que nel van ser interpretadas cantigas de Martin Moxa, o que no contexto hai que entender como unha clara ironía, pois ao corrupto non lle agradaría ouvir en público cantares en que se criticasen os vicios e defectos que el tiña (véxase UC 1471).
En calquera caso, o feito de que Joan de Gaia cite a Martin Moxa, sendo el un autor tardío do ámbito do conde Don Pedro de Barcelos, é un dos argumentos aducidos para defender a hipótese de que a cantiga Vós que soedes en corte morar (UC 879) é unha tençon entre o conde Don Pedro e de Martin Moxa.
O plural boos deberá computar como unha única sílaba métrica, igual que bõo ~ boo, que en bastantes ocasións é unisilábico. Cfr. nota a 241.10.
Obsérvese, ademais, que nas cantigas profanas só aparece o verbo decer, fronte ás Cantigas de Santa Maria, onde conviven decer e decender (e mais descender).
Os apógrafos italianos presentan a lección <maaos>, con duplicación antietimolóxica da vogal tónica (conservada en Stegagno Picchio e mais en Littera), un proceso gráfico típico de textos serodios, que ben pode ser considerado como unha reacción gráfica ao proceso de crases xeneralizadas que se estaban a producir en moitos hiatos De feito, ao longo do corpus das cantigas <-aao> rexístrase en mao (485.20, 1118.8, 1344.31, 1585.9, 1619.8), pao (1344.25, 1587.6, 1619.11), vao (1344.29), así como no conglomerado dá-o (1344.27). O mesmo trazo gráfico pode observarse tamén na terminación -ão de cristão, mão, irmão, vilão etc. (véxase nota a 115.30).
A locución adverbial modal a avessas esixe a presenza da preposición, tal como mostra a súa reaparición no v. 10.
A minoritaria forma eno aparece con certa frecuencia no corpus, a convivir coa forma máis evoluída no (para alén da graficamente arcaizante enno). Esta concorrencia de forma permite a escolla de [e]no para salvar a hipometría do verso. Ademais, ao longo dos cancioneiros detéctase con frecuencia a presenza de no(s) ~ na(s) en B cando A achega a lección correcta eno(s) ~ ena(s) (véxanse 66.9, 164.r2, 217.11, 227.4, 278.21, 355.8).
A lectura da secuencia dos apógrafos italianos (<e ueey o mūdo>B : <euedey o mūdo> V) foi diferente nos editores, por canto Lapa, acolléndose ao sentido da cantiga, reinterpreta e vee oj’o mund’, fronte a Stegagno Picchio que se acolle á boa lección de B (e vee i o mundo), que permite unha contaxe métrica decasilábica a partir de vee como unha única sílaba e mais as sinalefas i‿o e mundo‿outra.
Por outra parte, aparece a construción outra guisa co valor do habitual d’outra guisa, que se documenta no corpus abondosamente, o mesmo que na lingua medieval (sempre coas preposicións de, en ou por~per, conforme se pode comprobar na centena e media de ocorrencias que se poden localizar no CGPA). Con todo, a ausencia da preposición nesta pasaxe permite a necesaria sinalefa mundo‿outra, ao tempo que se poden apor dúas pasaxes da Primeira Partida en que aparece o mesmo uso:
Se alguu pos(er) p(re)yto cũ out(ro) d(e) pagar deuida de dineyros a plazo ou d(e) dar ou d(e) faz(er) out(ra) guisa q(ue) seya de dereyto, p(er)o ponha sob(re) sy [pẽa] por (con)prir aq(ue)llo q(ue) põe, nõ possa mays c(us)tar a pẽa de quanto é a demãda subre q(ue) foy p(os)ta a pẽa [...]P(er)o se outra guisa q(ui)sessem ffaz(er) ou ordinhar p(er) sa võõtade e nõ p(er) p(re)ma, en tal rrazõ come esta todos deuẽ a acordar de sũũ p(er)a ualh(e)r aquel feito (cfr. CGPA, ed. J. de Azevedo Ferreira).
A frecuente confusión parar / partir nace do repetido erro <a>/<ti>(e <a>/<ci>) que se detecta nos apógrafos italianos, e en V nesta pasaxe:<para> B parti (18.18), <Maram> B Martin (115.8), <marã> B Martin (115.22), <ca aue> B cativ’e (118.13), <parar> B partir (627.9), <parado> BV partido (1326.21), <parar> V partir (1345.13), <conssenar> B consentir (1468.15), <ama> B cima (1489.47) etc.
A reiteración de por én nesta cantiga (vv. 7, 11, 20 e 22) permite efectuar unha reintegración xa presente nas edicións de Lapa e mais de Lopes (en diferente posición). Contrariamente, a reintegración proposta en Littera é anómala por introducir unha secuencia sinaléfica, ao tempo que propón a forma agradecer, cronoloxicamente posterior ao gradecer trobadoresco.
A lección < hom̄j> de B tamén podería ser < hom̄i> ou <hon̄n> (o último <n> co pé longo). En todo o caso, permite estabelecer a presenza do adverbio i (pertinente, pois fai referencia ao mundo real), en sinalefa con ome.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: