I. Edicións críticas: Rodríguez (1980: 121 [= LPGP 374]); Lopes (2002: 192); Littera (2016: I, 436-437).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 197); Braga (1878: 105); Gassner (1933: 417); Machado & Machado (1953: IV, 334); Fernández Pousa (1959: 102).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 287); Diogo (1998: 222).
5 non] no V 6 des i ar] Deseyar B 8 todos] todus V 9 e outra] cout̃ V; queren] quereu B : q̄reu V 10 morren ced’e fica tod’aca] moirē çode fica rocada B 11 poden] pede B : pode V 13 amiga] amigo B; sén] quissen B : qissē V 16 seu] sen B 17 El] ei BV 20 mil] mal V
(I) Algún ben me ha de facer cedo Deus, e faramo cando lle prouguer: sempre ando ledo e a quen me quere falar de pesar non llo podo aturar, senón que fuxo de diante del e non llo quero ouvir; alén diso, tamén me agrada moito vivir con quen sei que quere falar de cousas agradábeis, (II) porque todos andan pensando en cousas materiais e xa non queren pensar noutra cousa, e morren cedo e fica todo aquí; mais disto a min non me poden convencer, pois trobo e canto e penso sempre no ben, e teño amiga que obra con moito siso e pode pasar o tempo pracenteiramente.
(III) Noso Señor, que ten moito poder, está sempre ledo no seu corazón e son moi felices cantos con El están; por iso fai mal, segundo eu penso, o que é triste e sempre pensa no mal, porque un pobre ledo vale mil veces o que un rico triste incapaz de sentir gozo.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:35)
Encontros vocálicos: 2 -mi͜-o; 8 cuidando‿en; 21 triste‿en
Nesta cantiga dilúense case por completo os trazos xenéricos propios da cantiga de amor, ao tempo que se introducen motivos como o da ansia de riquezas que nos afastan da temática amorosa e nos sitúan no ámbito do sirventés moral. Con todo, pensamos que a actitude positiva e esperanzada da voz masculina protagonista e mais a crítica contra os que son tristes e non deixan de pensar negativamente deben ser entendidas como unha orixinal referencia á tópica da coita e do mal recorrente nas cantigas de amor, con que aquí o protagonista pretende marcar un claro distanciamento. Esta actitude permítelle ao namorado, contra o que é habitual no xénero, trobar e cantar e pensar sempre de forma positiva, incluíndo a relación coa amada, a quen significativamente denomina amiga (v. 13) e non senhor. Véxase tamén como na cantiga seguinte (UC 965), neste caso unha cantiga de amigo, Joan Airas volve recorrer á interferencia xenérica introducindo un gran número de motivos e estilemas propios do sirventés moral.
De novo aparece no Cancioneiro da Vaticana a terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<todus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
Nótese o estraño lapso no texto de BV (<quissen> B, <qissē> V) para a obvia lección sén.
A reintegración da conxunción e está sustentado pola moi frecuente omisión da copulativa no inicio de verso por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). E noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade da recuperación da copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.
A locución mil tanto equivale a ‘mil veces máis’ (véxase tamén 12.10), como outros numerais seguidos de tanto (invariábel) que se poden achar na restante produción medieval: dous/duas tanto ~ dous atanto ‘dúas veces máis, duplicado’ nas Cantigas de Santa Maria (CSM 411.26), na Crónica Geral Galega (Lorenzo 1975: I, 528), na Crónica de 1344 (Cintra 1952-1990: III, 113; IV, 125) ou na versión portuguesa da Crónica Troiana (Nunes 1986: s.v.) etc.; tres tanto ~ tres tanto mays naCrónica Geral Galega (Lorenzo 1975: I, 527) ou na Crónica de 1344 (Cintra 1952-1990: IV, 81); cem tanto na Estória do Santo Graal (Miranda 2016: 261), entre outros exemplos.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.