(I) Víñeronme agora preguntar, meus amigos, por que perdín o sentido; e respondinlles así, pois non o puiden negar máis: «Privoume do sentido a miña sobriña, por quen ando sandeu».
(II) Quen ben quixer coñecer o meu sentimento pregúnteme por que ensandecín, que logo lle direi eu así: «Privoume do sentido a miña sobriña, por quen ando sandeu».