672 [= Tav 11,13]
Tanto sei eu de mí parte quant’é de meu coraçon

Tanto sei eu de mí parte quant’é de meu coraçon:
ca me ten mia madre presa e, ment[r]’eu en sa prison
for, non veerei meu amigo.
E por aquest’, alongada querria, per bõa fe,
seer d’u está mia madre, ca, mentr’eu, u ela é,
for, non veerei meu amigo.
Por quanto m’outra vegada sen seu grado con el vi,
guarda-me del a perfia, e oimais, enquant’assi
for, non veerei meu amigo.
De min nen de mia fazenda non poss’eu parte saber,
ca sei [mui] ben de mia madre que, mentr’eu en seu poder
for, non veerei meu amigo.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 657, V 258

En BV a cantiga está disposta en versos curtos.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 83-84); Minervini (1974: 50-51 [= LPGP 114]); Cohen (2003: 142); Littera (2016: I, 110).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 97); Braga (1878: 50); Machado & Machado (1952: III, 324).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 16).

Variantes manuscritas


2 ment[r]’eu] mēteu B : me teu V   4 querria] Queiria B; bõa] boa B : bona V

Variantes editoriais


Nunes e Minervini presentan estrofas con versos heptasilábicos (7’+7), respectando a división formal das liñas versais nos apógrafos italianos.

1 quant’é de] quanto de Cohen   5 está] ést’a Cohen : est a Littera   7 Por quanto] Porquanto Minervini   8 a perfia] á perfia Minervini : à perfia Littera   11 [mui] ben] ben Minervini : [eu] ben Cohen : [eu] bem Littera

Paráfrase


(I) De canto é relativo ao meu corazón, sei eu tanto como isto: que me ten miña nai presa e, mentres eu na súa prisión for, non verei o meu amigo.

(II) E por isto, abofé, querería estar afastada de onde está miña nai, pois mentres eu, onde ela está, for, non verei o meu amigo.

(III) Por canto doutra vez, sen o seu permiso, me vin con el, gárdame del obstinadamente, e para sempre, mentres así for, non verei o meu amigo.

(IV) De min nin dos meus asuntos (de amor) non podo saber eu nada, pois sei moi ben de miña nai que, mentres eu na a súa custodia for, non verei o meu amigo.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 15a 15a 8’B (= Tav 26:20)

Notas


Texto
  • 1

    A lectura de Cohen emenda a lección dos manuscritos para estabelecer unha correlación tanto ... quanto sen presenza do verbo seer (Tanto sei de mi parte quanto de meu coraçon).

  • 4

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

  • 5

    Aínda que a interpretación de Cohen e Littera sería plausíbel, co verbo seer en vez de estar (seer d’u ést’a mia madre), no corpus o sintagma mia madre xamais leva artigo, razón que nos inclina a non segmentar a secuencia <esta>.

  • 11

    Fronte a reintegración do pronome eu (que xa está presente no verso anterior e mais neste verso), a solución da hipometría versal a través do adverbio mui proposta por Nunes é certamente aceptábel, vista frecuencia de aparición nas cantigas profanas da expresión sei mui ben... (véxase 245.14, 281.13, 390.11, 496.9 etc.).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado