I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 532-533 [= LPGP 990]); Fernández Graña (2007: 321); Littera (2016: II, 567).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 159-160); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 435).
5 vos] uos A; vos] uos A 10 vos] uos A; vos] uos A 11 vos] uos A 14 vos] uos A
5 vos ... vos] vos ... vos Michaëlis 10 sempre] sempr(e) Michaëlis : sempr’ Littera; vos ... vos] vos ... vos Michaëlis 11 vos] vus Michaëlis 14 vos] vus Michaëlis; acharedes] achar edes Michaëlis 16-17 ao meu / cuidar] ao meu cuidar Littera 18 [vos] tal poder deu] tal poder [vus] deu Michaëlis : tal poder [vos] deu Fernández Graña, Littera
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10c + 10c 10c (= Tav 183:14)
Encontros vocálicos: 10 sempre‿amei
Esta cantiga é considerada anónima.
A frase formularia aseverativa ao meu cuidar (erroneamente incorporada íntegra no v. 16 en Littera), só se rexistra nesta cantiga (véxase nota a 228.8).
Sendo posíbel a colocación michaëliana (e dos restantes editores) do vos suplementario, coidamos que é preferíbel a interpolación pronominal, conforme o modelo subministrado por outra cantiga, cun contexto moi similar: E, pois me vos Deus, mia senhor / fremosa, tan en poder deu (28.22-23). No entanto, existe outra posibilidade para restaurar a isometría versal: pois Deus sobre mí [a]tal poder deu.