I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 768-770 [= LPGP 680-681]); Littera (2016: II, 172-173); González (2018: 167).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 51-52); Machado & Machado (1949: I, 195-196); Rios Milhám (2017: I, 109).
III. Antoloxías: Tavares (1961); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 147-148).
1 mundo] mūde B 6 vos] uos B 8 logo] loguo B 9 levei] leu’ B 13 encobrir] ētobrir B 19 desto] a desto B
A estrutura da cantiga nas edicións de Michaëlis e Littera é diferente por canto segmentan os vv. 1-2 de cada estrofa.
1 no mundo viv’, e] no mundo vivo Michaëlis : [e]no mundo vivo Littera 2 mort’] mort[e] Littera 3 nen un] nenhun Michaëlis : nẽum Littera 6 vos] vus Michaëlis 7 E] om. Michaëlis; vos] vus Michaëlis 8 máis] [muito] mais Michaëlis : [mui] mais Littera 12 vos] vus Michaëlis 14 poss’] poss[o] Littera 18 vos] vus Michaëlis 19 nunca verdade desto] nunca (verdad’é) / aquesto Michaëlis; min] mi Michaëlis, Littera, González 20 sabi a] sab’a Michaëlis : sab’i a Littera 24 vos] vos Michaëlis 25 vos] vus Michaëlis 26 vos] vus Michaëlis : [eu] vos Littera 30 vos] vos Michaëlis
Esquema métrico: 19a 17a 12b 6’C 6’C 8B (I, III, V) + 20a 17a 13b 6’C 6’C 8B (II, IV) (cfr. Tav 255:2 e 255:1)
Encontros vocálicos: 15 nunca‿o; 20 sabi‿a; 25 dia‿e
A partir das rimas, Montero Santalla (2000: 273-274) estabelece para esta composición a estrutura métrica que adoptamos, igual que González na súa edición crítica. Obsérvese, ademais, a alternancia métrica entre as estrofas, coa presenza de unha sílaba máis nos vv. 1 e 3 das estrofas pares.
As edicións de Michaëlis e Littera realizan unha segmentación dos vv. 1-2 de cada estrofa (vivo, / dizer / coita / poder; diga / ben / amo / ren; eu / encobrir / ren / partir; é / mi / coita / i; olhos / sabor / catava / senhor); este feito fai que aparezan dous versos libres, sen rima, en cada estrofa, ao tempo que tal estrutura obriga a leves emendas textuais para tratar de conseguir unha regularidade métrica que o manuscrito non autoriza.
Nótese a intertextualidade entre este verso e o incipit da cantiga 1312, de Fernand’Esquio, tal como foi apuntado por Elsa Gonçalves (2016 [1992]: 226).
A segmentación proposta en Littera (que sab’i a ...) é contraditoria coa grafía <sabha> de B, que solicita [i] átono. Neste sentido, a transcrición inmediata sería unha forma sábia, de presente de subxuntivo. No entanto, o texto solicita unha forma de presente de indicativo, xa estabelecida por González, a seguir a esteira de Michaëlis que editara sab’a mia coita); e así o confirman as repetidas construcións que achamos ao longo do corpus, do tipo Deus, que sabe ... + presente de subxuntivo. Véxanse, entre outros, os seguintes contextos:
Mais rog’a Deus, que sab’o mal
que me mia sennor faz sofrer,
que El me faç’ensandecer (189.22-24).
mais Deus, que sab’a sobeja
coita que m’ela dá, veja
como vivo tan coitado (561.7-9).
mais Deus, que sabe ben que ést’assi,
pois eu morrer, demande-lho por min (944.r).
Na realidade, a (minoritaria) terminación -i, alén da súa presenza en 294.8 –nunha expresión similar–, pode acharse, sen regularidade, na P1 dos pretéritos fortes, e tamén en algún substantivo (sangui), nalgúns adverbios (eiri, tardi, longi) e moi raramente nalgunha outra forma verbal allea ao pretérito, como guii ‘guíe’ (1407.15).
Na produción medieval achamos a forma sabi n’A demanda do Santo Graal (cfr. CGPA): – Ora sabi, disse el, que eu som [S]amaliel, filho de Froila que foi rei de Gauna que rei Artur matou ante Paris.