955 [= Tav 63,72]
Senhor fremosa, ei-vos grand’amor

Senhor fremosa, ei-vos grand’amor,
e os que saben que vos quero ben
teen que vos pesa máis d’outra ren;
e eu tenho, fremosa mia senhor,
mui guisado de vos fazer pesar
se vos pesa de vos eu muit’amar,
ca ja vos sempr’averei de querer
ben, e estas gentes que aqui son
teen que vos pesa de coraçon;
e eu tenho ja enquanto viver
mui guisado de vos fazer pesar
[se vos pesa de vos eu muit’amar],
ca, mia senhor, sempre vos ben querrei,
e aquestas gentes que son aqui
teen que vos faço gran pesar i;
e [eu] tenh’ora, e sempre terrei,
mui guisado de vos fazer pesar
[se vos pesa de vos eu muit’amar],
ca vos non posso, senhor, desamar,
nen poss’Amor, que me força, forçar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 952, V 540

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 368-369); Rodríguez (1980: 93 [= LPGP 405]); Littera (2016: I, 430-431).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 194); Braga (1878: 103); Machado & Machado (1953: IV, 321-322); Gassner (1933: 403); Fernández Pousa (1959: 93).

Variantes manuscritas


1 vos] nꝯ B   6 se] Ce B   10 e] Et B : et V; enquanto] en q̄nto V   11 guisado] grisado B : grisado V   13 querrei] queirey B : q̅irey V   15 faço] fazo V   16 terrei] teirey BV   17 guisado] grisado B : grisado V   20 força, forçar] forza forzar V

Variantes editoriais


3 teen] têm Littera   9 teen] têm Littera   15 teen] têm Littera   20 Amor] amor Nunes, Rodríguez, Littera

Paráfrase


(I) Señora fermosa, téñovos un grande amor, e os que saben que vos amo pensan que iso vos pesa máis que calquera outra cousa; e eu, miña fermosa señora, considero moi axeitado causarvos pesar se vos pesa que eu vos ame moito, (II) pois xa sempre vos amarei, e estas xentes que aquí andan pensan que vos pesa profundamente; e eu, en canto viva, considero moi axeitado causarvos pesar se vos pesa que eu vos ame moito, (III) pois, señora miña, sempre vos amarei, e estas xentes que andan aquí pensan que vos causo un gran pesar por iso; e eu acho agora e sempre acharei moi axeitado causarvos pesar se vos pesa que eu vos ame moito, (1) pois non podo, señora, desamarvos, nin podo forzar a Amor, que me forza.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:97) + 10c 10c

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva, de tipo causal, entre as súas tres estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270) nin fose considerado ese carácter en ningunha das edicións precedentes. Véxase nota á cantiga 15.

  • 16

    A necesaria, pola métrica, reintegración do pronome eu nesa posición vén indicada pola súa presenza nos versos paralelos das restantes estrofas:
              e eu tenho, fremosa mia senhor (v. 4)
              e eu tenho ja enquanto viver (v. 10)
              e [eu] tenh’ora, e sempre terrei (v. 16).

     

Buscar
    Non se atopou ningún resultado