666 [= RM 74,7]
Se eu, mia filha, for

Se eu, mia filha, for
voss’amigo veer
porque morre d’amor
e non pode viver,
iredes comig’i? Par Deus, mia madre, irei.
Pois vos quer tan gran ben
que non pode guarir,
dizede-m’ũa ren,
pois eu ala quero ir:
iredes [comig’i? Par Deus, mia madre, irei].
Sempre lh’eu coita vi
por vós e mort[e], ai
filha! Pois eu vou [i]
e mig’outren non vai,
iredes [comig’i? Par Deus, mia madre, irei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscrits


B 651, V 252

En BV a primeira estrofa está disposta con dous versos dodecasilábicos (con rima -er) e co refrán partido en dúas liñas.

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 79); Tavani (1988a: 252 [= LPGP 485]); Cohen (2003: 136); Littera (2016: I, 566-567).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 95); Braga (1878: 49-50); Machado & Machado (1952: III, 316).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 26-27); Torres (1977: 136); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 113); Souto Cabo (2017: 131).

Variantes manuscrites


3 morre] moire B   5 iredes] Hiredes B : diredes V   6 gran] g̃ra B   8 ũa] uħa BV   12 e mort’[e], ai] emortay BV

Variantes éditoriales


O corpo da estrofa en Cohen está conformado por dous versos dodecasilábicos.

O refrán, tanto en Nunes como en Cohen, é biversal e hexasilábico (iredes comig’i? / –Par Deus, mia madre, irei). En Littera, iredes comig’i foi incorporado en todas as estrofas como o 5º verso da cobra.

5 madre] madr’ Nunes, Tavani   8 m’ũa] mi ũa Nunes   9 ala] lá Tavani   10 madre] madr’ Nunes, Tavani   12 mort[e], ai] mort’á i Nunes : mort’há i Tavani   13 Pois eu vou [i]] pois [alá] vou Nunes : pois eu vou-[m’i] Littera   15 madre] madr’ Nunes, Tavani

Paraphrase


(I) –Se eu, miña filla, for ver o voso amigo porque morre de amor e non pode vivir, iredes comigo alí?

–Por Deus, miña nai, irei!

(II) –Pois tanto vos ama que non pode vivir, dicídeme unha cousa, pois eu alá quero ir: iredes comigo alí?

–Por Deus, miña nai, irei!

(III) –Eu sempre lle vin por vós coita e morte levar, ai filla! E xa que eu vou alí e ninguén vai comigo, iredes comigo alí?

–Por Deus, miña nai, irei!

Métrique


Esquema métrico: 3 x 6a 6b 6a 6b 12C

Encontros vocálicos: 5 madre,irei; 9 queroir; 10 madre,irei; 15 madre,irei

 

Notes


Texte
  • *

    Para alén da agrupación dodecasilábica dos versos do corpo da estrofa en Cohen, resulta sorprendente que nos dous editores do cancioneiro das cantigas de amigo (Nunes, Cohen) o refrán sexa arrimático (i non pode rimar con irei), con seis sílabas métricas:
              ​​​​​​​iredes comig’i?
              –Par Deus, mia madre, irei.

  • 5

    A incorporación de iredes comig’i que Littera fai a cada unha das tres cobras da cantiga non ten apoio textual de ningún tipo, pois, para alén de a súa abreviación nas estrofas II e III indicar a súa pertenza ao refrán, o propio Colocci así o sinalou co habitual signo angular.

  • 9

    A sinalefa queroir fai desnecesaria a emenda tavaniana (alá > lá) neste verso.

  • 12

    A solución de Nunes e Tavani no final do verso (morte á i) escusa calquera restauración e, por tanto, resulta aparentemente máis respectuosa coa lección dos manuscritos; no entanto, rompen o esquema rimático da cantiga (abab > aaab) e estabelecen unha repetición do rimante i, ao tempo que constituiría unha rareza rimática o par vai - á i (lémbrese a tonicidade do adverbio i). Eis a fixación textual de Tavani:
              Sempre lh’eu coita vi
              por vós, e mort’há i.
              Filha, pois eu vou i
              e mig’outrem nom vai...
    Neste sentido, é certamente posíbel a proposta de Cohen, co encabalgamento ai + vocativo que se rexistra noutras cantigas: ai / mia senhor branca e vermelha (124.3-4); I é meu amig’, ai / madr’, ... (1259.13-14); asemade, o editor norteamericano reintegra unha conxunción copulativa para ligar sintacticamente a afirmación inicial ao refrán:
              – Sempre lh’ eu coita vi por vós e mort’ <e>, ai
              filha, pois eu vou <i> e mig’ outren non vai,
              iredes <comig’ i?
              – Par Deus, mha madre, irei>
    Porén, o texto que presentamos (con morte como CD simétrico de coita) é factíbel e axeitado, pois evita a reintegración de ningún novo elemento e normaliza a sintaxe coa pausa estabelecida após o vocativo.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé

    Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
    Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :

    ParamètresAccepter