528 [= Tav 25,103]
Quix ben, amigos, e quer’e querrei

Quix ben, amigos, e quer’e querrei
ũa molher que me quis e quer mal
e querra; mais non vos direi eu qual
é a molher, mais tanto vos direi:
quix ben e quer’e querrei tal molher
que me quis mal sempr’e querra e quer.
Quix e querrei e quero mui gran ben
a quen mi quis mal e quer e querra;
mais nunca ome per mí sabera
quen é, pero direi-vos ũa ren:
quix ben e quer’e querrei tal molher
[que me quis mal sempr’e querra e quer].
Quix e querrei e quero ben querer
a quen me quis e quer, per bõa fe,
mal e querra; mais non direi quen é,
mais pero tanto vos quero dizer:
quix ben e quer’e querrei tal molher
[que me quis mal sempr’e querra e quer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 520a, V 113, T 7

No Fragmento Sharrer só fica o inicio da cantiga: <Quix ben amigꝯequer e / querrey.hunha molher que>.

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 35-36 [= LPGP 225]); Nunes (1972 [1932]: 122-123); Littera (2016: I, 184).
II. Outras edicións: Moura (1847: 49-50); Monaci (1875: 49); Braga (1878: 23); Machado & Machado (1952: III, 80); Sharrer (1991: 22); Montero Santalha (1997: 234-235); Júdice (1997: 109); Montero Santalha (2004); Ferreira (2005: 140-141).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 34); Oliveira & Machado (1959: 61); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 43).

Variantes manuscritas


1 amigos] amigus V; querrei] q̄irey B   3 querra] q̄ira B   4 é] om. V   5 quer’] que V; queirey] q̄irey B   6 querra] q̄ira B   7 Quix e querrei] Quis e q̄irey B   8 querra] q̄ira B   11 querrei] q̄irey B   13 e querrei] et q̄irey B   14 bõa] boa B   15 querra] q̄ira B   17 e quer’e querrei] et q̄r e q̄irey B

Variantes editoriais


4 é] [est] Lang   9 ome] omem Lang : homen Nunes : homem Littera   14 bõa] boa Nunes   17 quer’e] quer e Nunes

Paráfrase


(I) Quixen ben (amei), amigos, e quero e quererei unha muller me me quixo e quere e quererá mal; mais non vos direi eu cal é a muller, mais algo vos direi: Quixen ben e quero e quererei tal muller que sempre me quixo e quererá e quere mal.

(II) Quixen e quererei e quero moito ben a quen me quixo mal e quere e quererá; mais nunca ninguén saberá de min quen é, mais direivos unha cousa: [refrán]

(III) Quixen e quererei e quero ben querer a quen me quixo e quere, abofé, mal e quererá; mais non direi quen é, aínda que vos quero dicir isto: [refrán]

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:30)

Notas


Texto
  • 7

    Optamos neste caso pola lección quix de V pola xeral presenza desta forma palatalizada ao inicio dos versos primeiro e quinto das tres estrofas. Véxase variación similar en 135.18 (quix A vs. quis B) e 502.10 (quis B s. quix V). Cfr. nota a 74.13.

  • 9

    Nótese, máis unha vez, a tendencia lusitanizante dos editores, que transforman o ome dos dous manuscritos (<home> B, <hom̄> V) no moderno homem portugués.

  • 16

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado