I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 810-811); Spampinato Beretta (1987: 58-60 [= LPGP 294-295]); Littera (2016: I, 315).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 97-98); Machado & Machado (1949: I, 370-371); Rios Milhám (2018a: II, 211).
14 receei] rechei B 22 ca noutra] ca en out̃ B
10 por ... por] per ... per Spampinato Beretta 12 por que] perque Spampinato Beretta 13 É] om. Michaëlis, Spampinato Beretta 14 rec[e]ei] rechei Spampinato Beretta 15 er] e Littera 19 por] om. Spampinato Beretta 22 noutra] en outra Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8c 8a 8b 8c 8b + 8c 8b (= Tav 210:1)
Encontros vocálicos: 11 ve͜e·ri·an; 13 visse?‿É
A isometría versal é restaurada por medio da forma veerian, que neste verso computa como tetrasilábica, por máis que no v. 11 equivalla a tres sílabas.
As anteriores editoras omitiron o verbo é por consideraren que era unha copulativa excedente no verso, sen teren en conta que <e> tamén pode ser lido como a forma verbal é e que estabelece sinalefa con visse.
Talvez o rechei de Spampinato Beretta sexa unha gralla por recehei ou receei, pois no glosario final da súa edición é recollida literalmente aquela forma como pertencente a recear.
En Littera preséntase unha ligazón interestrófica (receei / muit'e temi) condicionada pola mudanza er > e, contra a lección do manuscrito.
Outra gralla podería explicar tamén a omisión de por neste verso, así condenado á hipometría na edición de Spampinato.
A conservación da lección manuscrita ca en outra ren implica unha anómala sinalefa de ca (véxase nota a 47.5-8) que facilmente se evita con ca noutra ren, con base na alternancia en outro ~ noutro ao longo dos textos trobadorescos e nos mesmos sintagmas (cfr. os frecuentísimos noutro dia ~ en outro dia, por exemplo).