522 [= RM 25,78]
Pois que vos Deus, amigo, quer guisar

Pois que vos Deus, amigo, quer guisar
d’irdes à terra d’u é mia senhor,
rogo-vos ora que, por qual amor
vos ei, lhi queirades tanto rogar
que se doia ja do meu mal.
E d’irdes i tenh’eu que mi fara
Deus gran ben, poi-la podedes veer;
e, amigo, punhad’en lhi dizer,
pois tanto mal sofro gran sazon á,
que se doia ja do meu mal.
E, pois que vos Deus aguisa d’ir i,
tenh’eu que mi fez El i mui gran ben;
e, pois sabede-lo mal que mi ven,
pedide-lhi [vós] mercee por mí,
que se doia ja do meu mal.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 524, V 107, T 1

Ediciones


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 31-32 [= LPGP 213]); Nunes (1972 [1932]: 111-112); Littera (2016: I, 181).
II. Outras edicións: Moura (1847: 41-42); Monaci (1875: 47); Braga (1878: 22); Machado & Machado (1952: III, 65); Montero Santalha (1997: 231); Júdice (1997: 103); Ferreira (2005: 129); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


2 terra] teira B   4 vos] Vos B : uos VT   7 Deus] des V; gran] g̃ra B   8 dizer] diz BT   11 Deus] des V; aguisa] aguisar B   15 que se] (Quesse) / Que sse V1

Variantes editoriales


2 à] a Nunes, Littera   14 [vós] om. Littera

Paráfrasis


(I) Xa que Deus quere dispor, amigo, que vaiades á terra onde está a miña señora, rógovos agora que, pola amizade que vos teño, lle queirades rogar que se doia xa do meu mal.

(II) E do feito de irdes alí penso que Deus me fará un gran ben, pois podédela ver; e, amigo, facede o posíbel por lle dicir, xa que xa hai tempo que sufro tanto mal, que se doia xa do meu mal.

(III) E xa que Deus dispón de irdes alí, penso que El me fixo un gran ben; e, xa que sabedes o mal que sufro, pedídelle vós mercé por min, que se doia xa do meu mal.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 8C (= RM 155:14)

Notas


Texto
  • 5

    A función sintáctica de que varía conforme as estrofas, pois fronte á función completiva das estrofas I-II, na terceira é conxunción final. Véxase nota a 208.4. Cfr. nota a 27.4-6.

    A forma doia, con [j] antihiático que se acabou consolidando en galego, só volve aparecer en 189.10, face ás formas máis etimolóxicas doa (548.6) e doades (746.10, 814.9).

  1. ^

    Dado o estado extremadamente lacunoso de T, non referenciamos no aparato os innúmeros casos de carencia textual e cinxímonos a referir as variantes editoriais.

Buscar
    Sin resultados