[last revised: 25/09/2019]Print

611 [= Tav 25,67]
O voss’amig’, ai amiga

O voss’amig’, ai amiga,
de que vós muito fiades,
tanto quer’eu que sabiádes:
que ũa, que Deus maldiga,
vo-lo ten louc’e tolheito,
e moir’end’eu con despeito.
Non ei ren que vos asconda,
nen vos sera encoberto;
mais sabede ben por certo
que ũa, que Deus cofonda,
vo-lo ten louc’e tolheito
[e moir’end’eu con despeito].
Non sei molher que se pague
de lh’outras o seu amigo
filhar; e por én vos digo
que ũa, que Deus estrague,
vo-lo ten louc’e to[lheito
e moir’end’eu con despeito].
E faço mui gran dereito,
pois quero vosso proveito.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 594, V 197

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 93-94 [= LPGP 208]); Nunes (1973 [1928]: 45-46); Cohen (2003: 631); Littera (2016: I, 236-237).
II. Outras edicións: Moura (1847: 181-182); Monaci (1875: 77-78); Braga (1878: 39-40); Machado & Machado (1952: III, 230); Júdice (1997: 49); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 194-195); Torres (1977: 254); Alvar & Beltrán (1989: 380-381); Sansone (1990: 316); Ferreira (1991: 116); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 44); Arias Freixedo (2003: 394-395).

Manuscript variants


4 ũa] hu ha B : hu (q) ha V   5 louc'e] lonque B   19 faço] faco B : fazo V; gran] g̃ra B

Editorial variants


2 vós] vos Lang   7 vos] vós Lang   10 cofonda] confonda Lang   14 outras] outra Nunes

Metrics


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C + 7’c 7’c (= Tav 160:444)

Encontros vocálicos: 3 sa·biá·des

Notes


Text
  • 1

    Como acontece moitas veces no inicio das cantigas, existe unha concordancia ad sensum: (D)o voss’amig’, ..., tanto quer’eu que sabiádes: ...’).

  • 2

    Alén da representación gráfica <uos>, habitualmente representativa da forma tónica, fiar é verbo que aparece indistintamente como intransitivo (coa rexencia das preposicións de, en ou per) ou como pronominal. Na presente pasaxe, a lección unánime de BV indica que estamos perante un uso intransitivo.

Search
    No results