728 [= Tav 148,14]
O meu amig’, ai amiga

O meu amig’, ai amiga,
a que muita prol buscastes
quando me por el rogastes,
pero vos outra vez diga
que me vós por el roguedes,
nunca me por el roguedes.
El verra, ben o sabades,
dizer-vos que é coitado;
mais sol non seja pensado,
pero o morrer vejades,
que me vós por el roguedes:
[nunca me por el roguedes].
Quanto quiser tanto more
meu amigo en outra terra
e ande comigo a guerra;
mais, pero ante vós chore
que me vós por el roguedes,
[nunca me por el roguedes].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 713, V 314

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 134 [= LPGP 925-926]); Cohen (2003: 200); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 222); Littera (2016: II, 490).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 126); Braga (1878: 60); Machado & Machado (1953: IV, 7).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 66-67).

Variantes manuscritas


2 a] om. V; buscastes] buscates B   4 vos] uos BV; outra] ontra B   7 El verra] <...> B; ben o] bēno (co til riscado); sabades] satades B : sabades V   14 en outra terra] ue out̃ <...> B : e nos out̃ q̅rra V   15 ande] andem B; comigo] comiga V   17 por el] po(o) rel B

Variantes editoriais


7 sabades] sabiades Nunes, Littera : sabhades Cohen   16 vós] vos Nunes

Paráfrase


(I) O meu amigo, ai amiga, a quen moito proveito buscastes cando me rogastes por el, aínda que vos diga outra vez que vós por el me roguedes, nunca me por el roguedes.

(II) El ha vir, sabédeo ben, dicirvos que está coitado; mais nin sequera é cousa de pensar, aínda que o vexades morrer, que vós por el me roguedes: nunca me por el roguedes.

(III) More meu amigo noutra terra tanto canto quixer, e discuta comigo; mais, aínda que ante vós suplique que vós por el me roguedes, nunca me por el roguedes.

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= Tav 160:462)

Encontros vocálicos: 14 amigo‿en; 15 comigo‿a

Notas


Texto
  • 7

    A lección <sabades> de V confirma a existencia desta regularizada variante morfolóxica da P5 do presente de subxuntivo de saber, que na lingua trobadoresca presenta decote a forma sabiádes. Ese carácter minoritario é talvez o que explica o erro na lección de B para unha forma que se rexistra con relativa frecuencia nos textos prosísticos de diversa condición, con existencia de todo o paradigma temporal de presente de subxuntivo no Corpus Galego-Portugués Antigo (véxase CGPA, s.v. saba, sabas etc.)

  • 15

    Nótese que andar a guerra é expresión metafórica por ‘convivir conflituosamente’.

  • 16

    A liña discursiva do texto indica que debemos afastar sintacticamente mais e pero, confirmando a variación funcional de que no refrán: completivo nas estrofas I-II, final na estrofa III. Cfr. nota a 27.4.

Procurar
    Não foram encontrados resultados