1200 [= Tav 134,6]
O meu amig’, a que preito talhei

O meu amig’, a que preito talhei,
con vosso medo, madre, mentir-lh’-ei,
e, se non for, assanhar-s’-á.
Talhei-lh’eu preito de o ir veer
ena fonte u os cervos van bever,
e, se non for, assanhar-[s’-á].
E non ei eu de lhi mentir sabor,
mais mentir-lh’-ei con vosso pavor,
e, se non for, [assanhar-s’-á].
De lhi mentir nen un sabor non ei,
con vosso med’a mentir-lh’averei,
e, se non for, [assanhar-s’-á].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1184, V 789

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 372); Méndez Ferrín (1966: 133 [= LPGP 874]); Azevedo Filho (1995 [1974]: 39); Cohena (2003: 417); Cohenb (2014 [2013]: 17); Littera (2016: II, 411).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 271-272); Braga (1878: 148); Bell (1922: 258); Machado & Machado (1956: V, 284); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 51); Álvarez Blázquez (1975: 209); Torres (1977: 354); Beltrán (1987: 73); Dobarro Paz et alii (1987: 96); Tavani (1989: 5); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 212); Morán (1999: 61); [Morán] (2001: 71); Magalhães (2007: 105).

Variantes manuscritas


8 vosso] uossa B

Variantes editoriales


1 O] A Nunes   4 de] do Nunes   8 mentir-lh’-ei] mentir-lh[i]-ei Nunes : mentir lh’ ei [eu] Cohena, Cohenb : a mentir-lh’ei Littera; vosso] vossa Méndez Ferrín   10 nen un] nenhum Nunes : nenhun Azevedo Filho

Paráfrasis


(I) Ao meu amigo, con quen concertei unha cita, heille mentir (non cumprirei o acordado), madre, por medo a vós, e, se non for (á cita), hase de enfadar.

(II) Acordei con el que o iría ver na fonte onde os cervos van beber, e, se non for (á cita), hase de enfadar.

(III) E non teño gusto en lle mentir, mais heille mentir por medo a vós, e, se non for (á cita), hase de enfadar.

(IV) En lle mentir non teño gusto ningún, (mais) por medo a vós heille de mentir, e, se non for (á cita), hase de enfadar.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10a 8B (= Tav 26:78)

Encontros vocálicos: 5 fonte‿u; 8 ma·is

Notas


Texto
  • *

    Nas cantigas de Pero Meogo rexístranse varios elementos da natureza que teñen un valor simbólico. O cervo, símbolo ancestral da sexualidade masculina, é un trasunto do amigo; os cervos machos e femias que se xuntan no prado son símbolos eróticos e sexuais neste autor; a auga/a fonte (manancial) é símbolo ancestral e universal de fertilidade e, polo tanto, lugar propicio para os ritos pagáns de fecundidade. Nas cantigas a fonte é, pois, o lugar propicio para o encontro amoroso dos namorados; na fonte lava os cabelos a moza (expón o seu erotismo) en presenza do amigo, e o cervo avolve a auga, o que simboliza un encontro sexual entre os namorados.

  • 1

    Nótese o anacoluto que supón o inicio da cantiga coa ausencia da preposición introdutora do CI o meu amigo, e que explica a emenda –inxustificada– de Nunes: ‘Ao meu amigo ... mentireille’.

    Por outra banda, talhar preito, expresión frecuente na voz da amiga, é ‘resolver as cuestións, chegar a un acordo’ (véxase 606.2, 5, 7 e 10; 1200.1; 1402.7; 1430.26).

  • 2

    A fórmula con vosso medo ‘con medo de vós’ (tamén no v. 11), construída polo modelo exhortativo de con vossa graça (véxase 47.1) para suxerir o temor reverencial que a amiga ten da nai (tamén en 1188.2), tamén aparece nunha cantiga de amor, nese caso reflectindo o temor do namorado perante a dama (véxase 99.1).

  • 8

    Máis unha vez a contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c) converte en desnecesarias as diversas emendas dos editores (Nunes, Cohen, Littera). Neste sentido, a reintegración de Littera sería a máis lóxica a teor do texto do v. 11: mais [a] mentir-lh’hei con vosso pavor (v. 8) - con vosso med’a mentir-lh’averei (v. 11).

Buscar
    Sin resultados