99 [= Tav 78,5]
Con vosso medo, mia senhor

Con vosso medo, mia senhor,
quer’eu agora começar
ũa tal ren que acabar,
se Deus quiser, non poderei,
ca provarei
d’alhur viver:
e Deus non m’én dé o poder
des que m’eu de vós alongar,
mais dá-mi a morte, mia senhor,
Deus, e nunca me leix’estar
assi no mund’, a meu pesar,
come ja sen vós estarei
(aquesto sei),
des que viver
non poder vosco nen veer
o vosso mui bon semelhar,
c[a] nunca [vos] Deus, mia senhor,
no mundo quiso fazer par,
nen outrossi non [o] quis dar
a esta coita que eu ei,
e averei,
des que viver
non poder vosc’, e Deus morrer
me leix’u m’eu de vós quitar!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 126

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 748-749 [= LPGP 511-512]); Littera (2016: I, 643-644).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 47); Machado & Machado (1949: I, 180-181); Rios Milhám (2017: I, 99).

Variantes manuscritas


2 começar] comecar   18 no] eno B

Variantes editoriais


7 dé] dê Michaëlis, Littera   9 dá-mi a] dê mi-a Michaëlis : dê-mi a Littera   17 nunca [vos] Deus] nunca Deus [vos] Michaëlis, Littera   18 no mundo quiso] eno mundo quis Michaëlis, Littera   19 outrossi] outrosi Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 4c 4d 8d 8b (cfr. Tav 205:1)

Encontros vocálicos: 9 -mi‿a

Notas


Texto
  • *

    O quinto e o sexto verso de cada estrofa forman en Michaëlis e Littera un único verso octosilábico, sacrificando a estrutura rimática á regularidade métrica (con rima interna nestes versos) (véxase Montero Santalla 2000: 270-271). Nótese, por outra parte, a aparición de mia senhor como palavra perduda no primeiro verso de cada estrofa.
    Por outra parte, esta composición, coas súas estrofas ligadas sintáctica e discursivamente, é unha verdadeira cantiga ateúda (véxase nota á cantiga 15).

  • 1

    A fórmula inicial con vosso medo ‘con temor de vós’, construída polo modelo exhortativo de con vossa graça (véxase 47.1), tamén aparece nalgunha cantiga de amigo suxerindo o temor reverencial que a amiga ten da nai (1188.2, 1200.2 e 11).

  • 9

    A teor da lección enviada por B, o trobador combina o tempo presente (), cun imperativo-desiderativo (leixe) que aparece en correlación con (v. 7); deste modo, tal como presentamos a edición, o presente ten todo o seu sentido ao considerarmos o hipérbato que deslocou Deus da súa posición natural: ‘non me o poder ..., mais Deus dá-mi a morte, mia senhor, e nunca me deixe estar...’.

  • 17

    A partir da lección de B para a partícula inicial da estrofa (<C>), xa Michaëlis reconstruíu a conxunción causal c[a], a continuar a exposición da estrofa anterior, culminando o carácter de ateúda desta cantiga após a ligazón entre as estrofa s I-II que propomos.
    Por outra banda, a colocación do necesario pronome CI (solicitado polo sentido e pola hipometría versal) vai sempre antecedendo o suxeito Deus: nunca me Deus leixe i máis viver! (20.12), nunca me Deus dé ben dela nen d’al! (78.7), nunca vos Deus mostr’o que vós queredes (986.3) etc.

  • 18

    A métrica obriga á emenda da lección manuscrita de B, onde só é posíbel realizala en eno ou en quiso. Fronte a Michaëlis e Littera, preferimos emendar eno para manter o acento fixo na cuarta sílaba. De todos os xeitos, non é o único exemplo de <eno> ou <e͂no> en B cando a lección correcta é no (véxanse, por exemplo, 813.11, 1588.20).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado