(I) Noso Señor, douvos as grazas por canto hoxe a miña señora me falou; e todo isto foi porque ela pensou que eu andaba doutra namorado, pois sei eu ben que non me falaría se imaxinase o moito que a amo.
(II) Porque me falou hoxe douvos as grazas, Noso Señor; e todo isto foi porque a miña señora coidou que eu morría de amor por outra, pois sei eu ben que non me falaría se imaxinase o moito que a amo.
(III) Porque me falou hoxe, tende, Deus, o meu agradecemento; mais disto non habería nada se non fose porque a miña señora pensou que os meus desexos eran por outra, pois sei eu ben que non me falaría se imaxinase o moito que a amo, (1) porque ela é tal que se mataría antes de me falar se tan sequera o sospeitase.