405 [= RM 81,11]
Meus amigos, muit’estava eu ben

Meus amigos, muit’estava eu ben
quand’a mia sennor podia falar
na mui gran coita que me faz levar
Nostro Sennor, que mi-a mostrou; por én
me faz a min sen meu grado viver
longe dela e sen seu ben-fazer
Deus, que lle mui bon parecer foi dar;
por mal de min e destes ollos meus
me guisou ora que non viss’os seus:
por mi-a fazer sempre máis desejar
me faz a min sen meu grado viver
[longe dela e sen seu ben-fazer]
Nostro Sennor, que lle deu mui bon prez,
mellor de quantas outras donas vi
viver no mund’, e, de pran, ést’assi:
Deus, que ll’a ela tod’este ben fez,
me faz a min sen meu grado viver
[longe dela e sen seu ben-fazer],
e faz-mi, à força de min, ben querer
dona a que non ouso ren dizer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


A 244, B 432, V 44

En V falta a primeira estrofa.

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 475-476 [= LPGP 555]); Fregonese (2007: 141); Littera (2016: II, 12).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 23); Braga (1878: 9); Carter (2007 [1941]: 141); Machado & Machado (1950: II, 256); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 405).

Variantes manuscrites


3 mui] nfui B; faz] fazia A; levar] ienar B   5 me] e {refram M} A   6 longe] longi B   7 Dostᵒ senʳ q̄lhi bon prez foy dar B : Nostro sen̄ q̄ lhi bō prez foy dar V   9 viss’os] uiss(e) os A   11 meu] men B   13 lle] lhi BV   15 mund’] mud A   16 Deus, que ll’a ela] poʳqȝ aela B : poʳq̄ aela V   17 a min] ami A; grado] gradu V   20 dona] senoʳ BV; ouso] auso V

Variantes éditoriales


3 faz] fez Michaëlis, Littera   6 longe] longi Fregonese  7 Deus, que lle mui bon parecer] Nostro Senhor, que lhi bon prez Fregonese   12 longe] longi Fregonese   13 lle] lhi Fregonese   16 Deus, que ll’a ela] porque a ela Fregonese, Littera   18 longe] longi Fregonese   19 á] a Michaëlis, Fregonese   20 dona] senhor Fregonese

Paraphrase


(I) Meus amigos, moi ben estaba eu cando á miña señora podía falar da moi gran coita que me fai levar Noso Señor, que ma mostrou; por iso me fai a min contra a miña vontade vivir lonxe dela e sen o seu favor (II) Deus, que lle concedeu moita fermosura; para o meu mal e para mal destes meus ollos me dispuxo agora que non vise os seus: por ma facer sempre máis desexar me fai a min contra a miña vontade vivir lonxe dela e sen o seu favor (III) Noso Señor, que lle concedeu moi boa fama, mellor que a cantas outras donas vin vivir no mundo, e, sen dúbida, así é: Deus, que a ela lle fixo todo este ben, me fai a min contra a miña vontade vivir lonxe dela e sen o seu favor, (1) e faime, contra a miña vontade, amar unha dona a quen non ouso dicir nada.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:150)

Encontros vocálicos: 4 mi-‿a; 10 mi-‿a; 19 mi,à

Notes


Texte
  • 3

    A lección <fazia> de A é obviamente hipermétrica, de modo que se debe recorrer ao faz de BV, en presente (como a coita), fronte a todo o ben que lle fez á señora.

  • 6

    A formación nominal ben-fazer ‘beneficio, auxilio, favor’, derivada do correspondente sintagma tan frecuente na cantiga de amor, constitúe unah formación nominal (similar a ben-querer), frecuente no corpus das cantigas. De calquera maneira, o mesmo substantivo pode verse, en formulación singular e plural, noutras obras da última Idade Media, como na Crónica de D. Fernando:

    e as rrendas eram postas em seu poder, afora muitos herdamentos moviis e de rraiz e muito bem-fazer da rrainha sua irmãa (Macchi 2004: 355-356).

    Tamén no Livro das Confissões, en plural:

    ca veemos que alguu͂s synaaes dan largamente aos que lhe pormeten en grandes bem fazeres (Martín Pérez 2012-2013: 367).

  • 7

    Obsérvese a existencia de redaccións parcialmente diverxentes neste verso, así como no v. 16 e, sobre todo, no v. 20, coa concorrencia de dona (A) e senhor (BV).

  • 17

    En A a forma (min en BV) suporía unha leve variación lingüística no refrán.

  • 20

    Resulta moi significativa a diverxencia dona (A) / senhor (BV), termos semanticamente equivalentes, mais de diferente connotación estilística. Cfr. nota a 369.10.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé