[last revised: 12/07/2022]Print

1020 [= Tav 63,36]
Meu amigo, quero-vos preguntar

– Meu amigo, quero-vos preguntar.
– Preguntade, senhor, ca m’[é] én ben.
– Non vos á mester de mi ren negar.
– Nunca vos eu, senhor, negarei ren.
– Tantos cantares por que fazedes?
– Senhor, ca nu[n]ca mi escaecedes.
– Preguntar-vos quero, per bõa fe.
– Preguntade, ca ei én gran sabor.
– Non mi neguedes ren, pois assi é.
– Nunca vos ren negarei, mia senhor.
– Tantos cantares por que fazedes?
– [Senhor, ca nunca mi escaecedes].
– Non vos pes de qual pregunta fez[er].
– Non, senhor, ante vo-lo gracirei.
– Non m’ar neguedes o que vos disser.
– Nunca vos én, senhor, ren negarei.
– Tantos cantares por que fazedes?
– [Senhor, ca nunca mi escaecedes].
– [E] este ben por mí o fazedes?
– Por vós, mia senhor, que o valedes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 1016, V 606

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional falta a estrofa II.

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 266-267); Rodríguez (1980: 179 [= LPGP 388]); Cohen (2003: 549); Littera (2016: I, 447-448)
II. Outras edicións: Monaci (1875: 216); Braga (1878: 116); Machado & Machado (1956: V, 10); Fernández Pousa (1959: 239).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 31-32); Torres (1977: 456); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 82).

Manuscript variants


3 mi] mj̄ B   5 Tantos] tantus V   6-12 om. B   9 ren] tē V   10 ren] tē V   11 Tantos] tantus V   13 qual] qualit B; fez[er]] fiz BV   16 en] eu V   17 fazedes] fezestes V

Editorial variants


2 ca m’[é] én ben] ca [é] meu ben Nunes   6 mi] m’ Nunes   12 mi] m’ Nunes   15 Non] Nen Cohen   16 én] eu Nunes, Rodríguez   18 mi] m’ Nunes   19 [E] este ben por mí o fazedes] Este ben por mi [vol]o fazedes Nunes, Rodríguez

Paraphrase


(I) –Meu amigo, quérovos preguntar.
–Preguntade, señora, que iso me causa agrado.
–Non vos é preciso ocultárdesme nada.
–Nunca vos eu, señora, ocultarei nada.
Tantos cantares, por que os facedes?
Señora, porque nunca me esquecedes.

(II) –Preguntarvos  quero, abofé.
–Preguntade, pois diso sinto moito gusto.
–Non me neguedes nada, xa que así é.
–Nunca vos nada negarei, miña señora.
Tantos cantares, por que os facedes?
Señora, porque nunca me esquecedes.

(III) –Non vos pese da pregunta que vos fixer.
–Non, señora, antes volo agradecerei.
–Non me ocultedes tampouco o que vos preguntar.
–Nunca, señora, vos ocultarei nada diso.
Tantos cantares, por que os facedes?
Señora, porque nunca me esquecedes.

(1) –E este ben, é por min que o facedes?
–Por vós, miña señora, que o valedes.

Metrics


Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 9’C 9’C (= Tav 99:34) + 9’c 9’c

Encontros vocálicos: 6 mi‿escaecedes; 12 mi‿escaecedes; 18 mi‿escaecedes

Notes


Text
  • 3

    Acollemos a lección de V para o pronome persoal mi CI, pois, embora fose posíbel min, nesta función sintáctica é rara a ausencia de preposición.

  • 5

    Nótese como en <tantus> (vv. 5, 11) aparece a terminación -us na copia de V. Na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 13

    A métrica determina o erro de BV, pois é necesaria fezer, forma esixida pola rima con disser (v. 15). O erro <fiz>/<fez> (por <fezer>) é inverso ao que se rexistra, por exemplo, en 726.7 (fiz <fez> B, <fiz> V).

  • 16

    Neste verso son posíbeis dúas leccións a partir dos manuscritos: Nunca vos eu, senhor, ren negarei vs. Nunca vos én, senhor, ren negarei. A primeira alternativa (Nunes, Rodríguez), segue V e é lección simétrica co v. 4 (estrofa I); a segunda concede a consabida prioridade a B e introduce unha leve variación no verso previo ao refrán, onde se adoitan dar correspondencias paralelísticas máis ou menos literais:

    Nunca vos eu, senhor, negarei ren (v. 4).

    Nunca vos ren negarei, mia senhor (v. 10).

    Nunca vos én, senhor, ren negarei (v. 16).

    Deste modo, co pronome adverbial os tres versos manteñen correspondencias paralelísticas formais e conceptuais a pesar das leves variacións de redacción.

  • 17

    A rima con escaecedes e o feito de ser un verso do refrán, indican que a lección fezestes de V é un lapso de copia.

  • 19

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal (que Nunes e Rodríguez conseguen cunha reintegración alternativa: Este ben por mi [vol]o fazedes). Casos similares, en fiindas, documéntanse en 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1020.19, 1051.19, 1057.19

Search
    No results