985 [= Tav 120,47]
Sennor do corpo delgado

Sennor do corpo delgado,
en forte pont’eu fui nado,
que nunca perdi cuidado
nen afan des que vos vi:
en forte pont’eu fui nado,
sennor, por vós e por mí!
Con est’afan tan longado,
en forte pont’eu fui nado,
que vos amo sen meu grado
e faço a vós pesar i:
en forte pont’eu fui nado,
sennor, por vós e por mí!
Ai eu, cativ’e coitado,
en forte pont’eu fui nado,
que servi sempr’endõado
ond’un ben nunca prendi:
en forte pont’eu fui nado,
sennor, por vós e por mí!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 292, B 983, V 570

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 585); Panunzio (1992 [1967]: 91-92 [= LPGP 789]); Littera (2016: II, 288-289).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 204-205); Braga (1878: 109); Carter (2007 [1941]: 172); Machado & Machado (1953: IV, 364-365); Fernández Pousa (1956: 812); Juárez Blanquer (1988: 107); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 39-40); Nemésio (1961 [1949]: 66); Piccolo (1951: 147); Varela Jácome (1953: 13-14); Nunes (1959: 236); Oliveira & Machado (1959: 37); Spina (1972: 300); Álvarez Blázquez (1975: 44); Lapa (1976: 18-19); Torres (1977: 389); Correia (1978: 90); Fiúza (1981: 131-132); Ferreira (1988: 56); Alvar & Beltrán (1989: 157-158); Jensen (1992: 288); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 99); Delgado León (1996: 61-62); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 182); Diogo (1998: 69); Morán (1999: 58-59); [Morán] (2001: 68); Arias Freixedo (2003: 718-719); Alvar & Talens (2009: 404); Souto Cabo (2017: 209).

Variantes manuscritas


1 Sennor] ennor A   3 cuidado] coydado BV   4 vos] uos A   5 en] eu V   6 mí] mī V   9 vos] uos A   10 faço a] faça BV   17 fui] om. V

Variantes editoriais


3 cuidado] coydado Panunzio : coidado Littera   4 afan] afã Littera; vos] vos Michaëlis : vus Panunzio   6 vós] vos Panunzio   7 afan] afã Littera   9 vos] vus Michaëlis, Panunzio   10 faço a vós] faç’a vos Panunzio, Littera   15 endõado] endonado Panunzio

Paráfrase


(I) Señora do corpo delgado, en aciago día eu nacín, pois nunca perdín a aflición nin o afán desde que vos vin: en aciago día eu nacín, señora, por vós e por min.
(II) Con este afán tan prolongado en aciago día eu nacín, porque vos amo contra a miña vontade e con iso fágovos pesar a vós: en aciago día eu nacín, señora, por vós e por min.
(III) Ai de min, infeliz e atormentado, en aciago día eu nacín, pois servín sempre en van onde nunca recibín recompensa: en aciago día eu nacín, señora, por vós e por min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’A 7’a 7b 7’A 7B (= Tav 13:61)

Encontros vocálicos: 10 faço‿a

Notas


Texto
  • 1

    O «corpo delgado» como descrición da figura da amada só volve aparecer nunha cantiga de amigo de Martin Codax (1300.5 e 7):
              En Vigo, no sagrado,
              bailava corpo delgado:
              amor ei!

              Bailava corpo delgado,
              que nunc’ouver’amado:
              amor ei!
    Para alén de Codax, véxase a rúbrica da cantiga 1349, de Fernan Rodriguez de Calheiros: Fernan Rodriguiz de Calheiros entendia en ũa donzela, e tragian a esta donzela preito de a casaren con Fernan Roiz ‘Corpo Delgado’, e ela disse que o non queria... E na cantiga escarniña explícitase o xogo con este sintagma (1349.7):
              ca mi disse que queria
              seer ante mal talhada
              que aver corpo delgado.

    Ademais, o cualificativo delgado como adxectivación positiva tamén se rexistra en Nuno Fernandez Torneol, no refrán da cantiga 657. En calquera caso, do punto de vista semántico delgado envolve tamén o sentido orixinario do lat. delicatum ‘que agrada aos sentidos, delicioso, elegante, voluptuoso’.

  • 3

    En face da variación -oi- A / -ui- BV en coidar / cuidar e coidado / cuidado, entre o Cancioneiro da Ajuda e os dous apógrafos italianos (véxase 118.5, 174.22, 176.24 etc.), neste verso rexístrase o único caso de variación inversa nesta(s) voz(es). Cfr. notas a 70.1 e 570.9. Véxase Monteagudo (2013, 2015).

  • 7

    Obsérvese máis outra aparición do adxectivo longado (cfr. nen vida longada non mi á min mester; 150.8), coherente coa adverbio longadamente (37.18-19, 131.6), que coexiste co participio alongado (cfr. Glosario, s.v.).

     

Buscar
    Non se atopou ningún resultado