932 [= Tav 142,1]
Ai madre, que mui[to err]ei

– Ai madre, que mui[to err]ei,
que non vi o meu amigo
u el falasse comigo!
E, pero lhi fale, ben sei
ca non ei nen un poder
de o por amig’aver.
– Non vos leixedes én por mí,
filha, que lhi non faledes
se vós én sabor avedes.
– Ai madre, non tenho prol i,
ca non ei nen un poder
[de o por amig’aver].
– Filha, po-lo desassanhar
falaredes per meu grado.
– Pois lhi saí de mandado,
que prol á, madr’, en lhi falar,
ca non ei nen un poder
[de o por amig’aver?].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 929, V 517

Após o derradeiro verso da estrofa I aparece copiado o segmento <Vel falasse comigo> B, <uel falasse comigo> V.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 244 [= LPGP 890]); Cohen (2003: 330); Arias Freixedo (2010: XXII); Littera (2016: II, 450-451).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 187-188); Braga (1878: 98-99); Machado & Machado (1953: IV, 294).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 226).

Variantes manuscritas


1 Ay madre que <     >ey B : Ay madre que muy V   2 o meu] quier B   3 u] om. V; comigo] eo migo B   4 fale] fals B   5 nen un] neu hun B   9 én] eu V; avedes] quedes V   10 i] pi B   14 per] ꝓ V

Variantes editoriais


1 mui[to err]ei] queixum’ei Nunes : mui<t’eu err>ei Cohen   2 vi o] veo Nunes   5 nen un] nẽum Littera   5-6 ca non ei nen un poder / de o por amig’aver] ca non ei nen hun poder / de o por amig’aver, / vel falasse comigo Nunes   11 nen un] nẽum Littera   11-12 Véxanse vv. 5-6   15 saí de mandado] assi ei demandado Nunes   17 nen un] nẽum Littera   17-18 Véxanse vv. 5-6

Paráfrase


(I) –Ai madre, moi[to err]ei, que non vin o meu amigo onde el puidese falar comigo! E, aínda que lle fale, ben sei que non teño ningún poder de o ter por amigo.

(II) –Non deixedes, filla, pola miña culpa, de falarlle, se iso é o que vos prace.
–Ai, madre! Non teño proveito con iso, pois non teño ningún poder de o ter por amigo.

(III) –Filla, para lle facer perder a saña falaredes (con el) co meu consentimento.
–Xa que o desobedecín, que proveito ten, madre, falarlle, pois non teño ningún poder de o ter por amigo?

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 7’b 7’b 8a 7C 7C 

Notas


Texto
  • 1

    Para alén da proposta de Nunes, afastada do lacunoso texto de BV, coidamos que a opción máis económica de restauración do texto ausente é a que presentamos, aínda que a proposta de Cohen é tamén perfectamente adecuada.

  • 5-6

    Nótese como Nunes acrecenta un terceiro verso ao refrán (xa en Braga), que repetiría literalmente o v. 3 da estrofa. Embora se puidese procurar sentido a ese hipotético terceiro verso do refrán, existen argumentos, nomeadamente métricos e semánticos, para considerarmos que se debe a un erro de copia, e que, por tanto, se debe editar un refrán de dous versos, tal e como Cohen estabelece na súa edición.

    Así, o esquema abbaCC resultante é o máis frecuente na obra de Roi Fernandiz, e tamén no conxunto da escola galego-portuguesa. Contrariamente, o hipotético terceiro verso do refrán introduciría graves discordancias métricas nas rimas das estrofas II-III: introduciría unha nova rima D nestas estrofas, feito que significaría un cambio de esquema estrófico verbo da estrofa I. Finalmente, resultaría tamén anómala a repetición literal dos vv. 3 e 7, exclusiva na estrofa I e ausente nas estrofas II-III, onde non encaixa sintáctica nin semanticamente.

  • 15

    O texto de Nunes, que inclúe este verso no parlamento da nai, suxire que talvez o ilustre editor portugués non captou a expresión sair de mandado ‘desobedecer’, que se rexistra en oito composicións (véxase Glosario, s.v. sair).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado