850 [= Tav 8,1]
Ai mia senhor, quer’eu provar

Ai mia senhor, quer’eu provar
se poderei sen vós viver
e veerei se ei poder
d’algũa vez sen vós morar,
pero sei o que mi averra,
ca mil vezes o provei ja
e nunca o pud’acabar.
Pero quero-o começar
e forçar i meu conhocer;
e sei de mí como á seer
e ca vos ei pois a rogar,
e quan pouco mi durará
mia sanha e quan ben mi sera
se vos posso desensanhar
escontra mí, que vos pesar
nunca fiz nen cuid’a fazer;
mais sei-vos tan gran ben querer
que vos faz contra mí queixar;
e, pois mi Deus poder non dá
que vos desame, assi m’ei ja
vosc’a perder por vos amar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 854, V 440

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 262-263 [= LPGP 98]); Negri (2012: 98); Littera (2016: I, 63-64).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 164); Braga (1878: 83); Machado & Machado (1953: IV, 180-181); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 20).

Variantes manuscritas


5 averra] aueira B   7 pud’] und V   8 começar] comezar V   9 forçar] forzar V   14 desensanhar] dessenssanhar V

Variantes editoriais


13 sanha e] sanh(a) e Nunes : sanh’e Littera

Paráfrase


(I) Ai miña señora, eu quero probar a ver se poderei vivir sen vós e verei se teño o poder de morar sen vós algunha vez, embora saiba o que me pasará, pois mil veces o probei xa e nunca o puiden conseguir.

(II) Pero quero intentalo e levar ao extremo así a miña capacidade de coñecemento; e, canto a min, sei como vai ser e que despois vos hei de rogar, e o pouco que me ha durar a miña saña e o moi ben que me sentará se vos podo desasañar (III) contra min, pois nunca vos fixen pesar nin volo penso facer; mais seivos ter un amor tan grande que vos fai queixar contra min; e xa que Deus non me dá poder para vos desamar, así me hei de pór a mal convosco por amarvos.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= Tav 161:233)

Encontros vocálicos: 3 ve·e·rei; 5 mi‿averra; 10 como‿á; 13 sanha‿e; 20 desame,‿assi

Notas


Texto
  • *

    Esta composición, con ligazón sintáctico-discursiva entre as estrofas a partir da primeira, unida adversativamente á segunda, mostra un certo carácter de cantiga ateúda, xa que a ligazón adversativa ben podería xustificar unha puntuación sen ruptura estrófica final. Cfr. notas ás cantiga 55 e 74.

  • 7

    Neste verso, acabar presenta unha acepción moi próxima a ‘conseguir’.

  • 14

    A forma desensanhar é creación romance a partir de assanhar (de sanha, procendente do lat. insanĭam), certamente variante única no corpus trobadoresco e talvez inexistente na lingua medieval, que utiliza desassanhar (923.13, 1135.4, 1271.4).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado