849 [= Tav 8,5]
Pois mia senhor de mí non quer pensar

Pois mia senhor de mí non quer pensar
nen gradecer-mi quanto a servi,
non me quer’eu por én desemparar,
ca mi acharei eu quen mi faça assi,
ca sei eu ben que nunca mi a falir
á quen eu sérvia, se poder servir,
mais non que eu tan muito possa amar
com’ela; pero non poss[o] estar
que non sérvia ja outra des aqui,
que veja ela ca poss’eu achar
quen sérvia e que [eu] lhi non menti;
se eu non moiro, farei-lho eu oir,
ca sérvio eu outren (non por mi-o gracir)
e que am’ela muit’a seu pesar.
E, como s’én dona quer assanhar,
non vos dira que tolher pod’a min
nen un ben que ela possa osmar
que dela ouvesse, des que naci,
e, quando m’eu dela ouver a partir,
todo [mi] filhe quanto x’ela vir
que dela ei, se o quiser filhar.
E filhará log’i, a meu cuidar,
afan e coita, que maior non vi;
pero ela, que nunca soub’amar,
non saberia conselh’aver i,
e, quando s’end’ela quiser cousir
ou lho alguen ousar dizer, guarir
poderia per sol non s’én queixar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 853, V 439

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 259-261 [= LPGP 100]); Negri (2012: 78); Littera (2016: I, 63).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 163-164); Braga (1878: 83); Machado & Machado (1953: IV, 179-180);  Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


4 faça] faza V   6 sérvia] (f)\s/eruha V   7 muito] mnyto B   12 oir] om. B   13 sérvio] seruo V; gracir] grazir V   14 que] quē BV; muit’a seu] muycassey V   15 s’én] sseu B   16 pod’a min] < >o damī V   18 naci] nazi V   19 m’eu] me B   23 vi] ia V   27 dizer] diser B

Variantes editoriais


4 faça] faç(a) Nunes   5-6 nunca mi a falir / á quen eu sérvia] nunca mh á falir / quen eu servha Nunes : nunca mi á falir / a quen eu servia Negri : nunca mi há falir / a quem eu sérvia Littera   7 que] que[m] Littera; possa] poss(a) Nunes   8 com’ela; pero non poss[o] estar] com’ela, pero non [me] poss’estar NunesNegri : com[o] ela; pero non poss’estar Littera   11 sérvia e que [eu] lhi] sérvia [já] e que lhi NegriLittera   12 lho] lh(o) Nunes   13 sérvio] serv(o) Nunes   16 min] mi Nunes, NegriLittera   17 nen un] nẽum Littera   19 dela] d’el(a) Nunes   23 afan] afã Littera; vi] á i Nunes   26 quando s’end’ela] quand(o) ũa d’ela[s] Nunes

Paráfrase


(I) Pois a miña señora non quere preocuparse por min nin agradecerme todo canto a servín, non me quero eu por iso render, pois hei achar quen me faga así, porque sei eu ben que nunca me ha faltar a quen eu sirva, se puider servir, mais non quen eu tanto poida amar (II) como a ela; pero non podo ficar sen que sirva xa a outra desde hoxe, para que ela vexa que eu podo achar a quen sirva e que non lle mentín; se eu non morro fareillo eu ouvir: que sirvo eu a outra (dona) (non para que mo agradeza) e que a amo moito a ela contra a súa vontade.

(III) E como por iso a dona se queira asañar, non vos dirá que me pode quitar a min ningún ben que ela poida supoñer que eu obtivese dela, desde que nacín, e cando eu tiver que afastarme dela, quíteme todo canto ela vir que eu teño dela, se o quixer coller para si.

(IV) E alí collerá para si, segundo eu penso, afán e coita, que maior non a vin; pero ela, que nunca soubo amar, non sabería que facer entón e, cando ela se quixese decatar diso ou alguén ousase dicirllo, vivir podería (eu) só con tal que non se queixase por iso.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a (= Tav 100:3)

Encontros vocálicos: 4 mi‿ acharei, faça ‿assi; 5 mi‿ a; 6 sér·vi͜a; 7 possa ‿amar; 9 sér·vi͜a; 11 sér·vi͜a; 12 -lho ‿eu, mi͜-o; 13 sér·vi͜o ‿eu; 19 dela‿ ouver

Notas


Texto
  • *

    Esta composición, con ligazón sintáctico-discursiva clara entre as dúas primeiras estrofas e posterior ligazón copulativa das estrofas III e IV mostra un certo carácter de cantiga ateúda, xa que a ligazón copulativa ben podería xustificar unha puntuación sen ruptura estrófica final. Véxase nota á cantiga 24.

  • 5-6

    A interpretación do elemento <a> destes dous versos é diferente en Nunes (e Littera): ca sey eu ben que nunca mh á falir / a quen eu servha... Porén, con esa lectura o sentido da pasaxe non é satisfactorio, con un problema de interpretación que se resolve perfectamente por medio da consideración da perífrase verbal aver + a + falir, que esixe fixar o texto doutro modo (tal como propón Montero Santalla 2004): ca sei eu ben que nunca mi a falir/ á quen eu sérvia.

  • 13

    A P1 do presente de indicativo (e o presente de subxuntivo) de servir presenta, nun primeiro momento evolutivo, iode na desinencia (sĕrviō > sérvio; sĕrvĭam > sérvia etc.), que posteriormente desapareceu (servo; serva etc.) para, finalmente, seren formas semirregularizadas en sirvo, sirva etc. solidariamente con outros verbos similares da terceira conxugación (dormir, mentir, sentir etc.) (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §192a). Neste verso achamos un aparente testemuño de servo (emendado por Nunes), que se suma aos presentes en 36.17, 374.14, 1172.1 e 1543.7, formas aínda moi minoritarias fronte ás xerais sérvio e sérvia.

  • 14

    Ela é CD sen preposición, tal como acontece con frecuencia na lingua trobadoresca, onde as formas tónicas oblicuas do pronome persoal poden cumprir esta función sen enlace preposicional.

  • 19

    O Cancioneiro da Biblioteca Nacional omite o pronome eu, que V presenta e fixamos no texto en coherencia coa súa presenza nos simétricos vv. 5 e 12.

  • 23

    Erra Nunes ao acoller (e modificar) a lección de V (<ia> á i), coherente do punto de vista semántico (...que maior non á i), mais imposíbel metricamente, por non ser posíbel a sinalefa na expresión á i, ao tempo que repetiría a palabra rimante.

  • 26

    De novo na edición de Nunes se detecta unha intromisión ecdótica na fixación deste verso, talvez por deficiente lectura dos manuscritos.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado