820 [= RM 154,3]
Amigo, vós ides dizer

Amigo, vós ides dizer
que vos non quero eu fazer ben,
pero sei-m’eu dest’ũa ren:
que dizedes vosso prazer,
ca ben é de vos sofrer eu
de dizerdes ca sodes meu.
Mais non se sabe conhocer
algun ome a que ben Deus ,
nen ten por ben esto que á;
mais eu vos farei entender
ca ben é de vos [sofrer eu
de dizerdes ca sodes meu].
Mais, des que vos eu entender
que non venhades u eu for,
non me tenhades por senhor;
des i poderedes saber
ca ben é de vos sofrer [eu
de dizerdes ca sodes meu].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 823, V 408

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 207-208); Majorano (1979: 128-129 [= LPGP 965]); Cohen (2003: 279); Littera (2016: II, 516-517).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 153); Braga (1878: 77); Machado & Machado (1953: IV, 133).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 296); Diogo (1998: 96).

Variantes editoriais


2 vos non quero eu] vos non quer’eu Nunes : vus non quero eu Majorano   5 vos] vus Majorano   10 vos] vus Majorano   11 vos] vus Majorano   13 vos] vus Majorano   17 vos] vus Majorano

Paráfrase


(I) Amigo, vós diredes que eu non vos quero facer ben, mais eu sei unha cousa disto: que dicides aquilo que vos prace, pois abondo ben é que eu ature ouvirvos dicir que sodes meu.

(II) Non se coñece home ningún a quen Deus lle dá ben nin que teña por ben isto que ten; mais eu heivos facer entender que pois abondo ben é que eu ature ouvirvos dicir que sodes meu.

(III) Mais, desde que entenda que non viredes onde eu estea, non me teñades por señora; desde ese momento poderedes saber que pois abondo ben é que eu ature ouvirvos dicir que sodes meu.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:391)

Encontros vocálicos: 2 queroeu; 8 omea

Notas


Texto
  • 13

    Cohen considera que a rima -er [‘er] de entender (futuro de subxuntivo) co infinitivo saber (v. 16) é anómala por considerar erradamente que a vogal temática do futuro de subxuntivo nos verbos regulares da segunda conxugación é aberta, como acontece nos verbos irregulares (véxase tamén nota a 798.13 e 1274.5).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado

    Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
    Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies:

    ConfiguraciónsAceptar