787 [= Tav 81,17]
Quando se foi meu amigo d’aqui

Quando se foi meu amigo d’aqui,
direi-vos quant’eu del pud’aprender:
pesou-lhi muit’en se partir de mí;
e or’, amiga, moiro por saber
se é mort’ou se guariu do pesar
grande que ouv’en se de mí quitar.
Sei eu ca lhi pesou de coraçon
de s’ir, pero non pudi outra ren
fazer, se Nostro Senhor mi perdon;
e moir’, amiga, por saber d’alguen
se é mort’ou se gua[riu do pesar
grande que ouv’en se de mí quitar].
Mui ben vej’eu quan muito lhi pesou
a meu amig’en se d’aqui partir,
e todo foi por quanto se quitou
de mí; e moir’, amiga, por oir
se é mort’ou se [guariu do pesar
grande que ouv’en se de mí quitar].
E, amiga, quen alguen sab’amar,
mal pecado, sempr’end’á o pesar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 790, V 374

A fiinda só foi transmitida polo Cancioneiro da Vaticana.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 183-184 [= LPGP 557-558]); Cohen (2003: 258); Fregonese (2007: 103); Littera (2016: II, 14-15).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 142-143); Braga (1878: 71); Machado & Machado (1953: IV, 89-90).

Variantes manuscritas


4 e] (E)e V   5 guariu] guarin B   20 sempr’end’á] senp’uda V   19-20 om. B

Variantes editoriais


8 pudi] pud’i Cohen, Littera   9 mi] me Fregonese

Paráfrase


(I) Cando se foi o meu amigo de aquí, direivos canto eu del puiden saber: pesoulle moito o ter que se separar de min; e agora, amiga, morro por saber se está morto ou se sobreviviu ao gran pesar que tivo por se afastar de min.
(II) Eu sei que lle pesou de corazón ter que se ir, mais non puiden facer outra cousa, así me perdoe Noso Señor; e morro, amiga, por saber de alguén se está morto ou se sobreviviu ao gran pesar que tivo por se afastar de min.
(III) Moi ben vexo eu o moito que lle pesou ao meu amigo o ter que se ir de aquí, e todo foi porque se separou de min; e morro, amiga, por oír se está morto ou se está morto ou se sobreviviu ao gran pesar que tivo por se afastar de min.
(1) E, amiga, quen sabe amar alguén, infelizmente, sempre por iso ten pesar.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 10C 10C + 10c 10c (= Tav 99:19)

Notas


Texto
  • 1

    De novo (véxase notas a 791.1 e 1228.1) un incipit de Joan Vaasquiz de Talaveira é coincidente con versos doutros trobadores, neste caso con Joan Airas de Santiago (véxanse 1022.21023.2).

  • 8

    A segmentación de i en pudi (proposta de Cohen, e aceptada en Littera) é optativa.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado