665 [= Tav 125,27]
Non vos nembra, meu amigo

Non vos nembra, meu amigo,
o torto que mi fezestes?
Posestes de falar migo,
fui eu e vós non veestes,
e queredes falar migo,
e non querrei eu, amigo.
Jurastes que toda via
verriades de bon grado
ante que saiss’o dia;
mentistes-mi, ai perjurado,
e queredes falar migo,
[e non querrei eu, amigo!]
E ainda me rogaredes
que fal’eu algur convosco,
e por quanto mi fazedes
direi que vos non conhosco,
e queredes falar migo,
[e non querrei eu, amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 650, V 251

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 78-79); Blasco (1984: 225 [= LPGP 825]); Cohen (2003: 135); Marcenaro (2012b: 335); Littera (2016: II, 366-367).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 95); Braga (1878: 49); Machado & Machado (1952: III, 312-313); Fernández Pousa (1953: 3-4).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 322-323); Oliveira & Machado (1959: 96); Álvarez Blázquez (1975: 88); Ferreira (1988: 83); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 206); Diogo (1998: 89); Magalhães (2007: 90); Fidalgo (2009: 136).

Variantes manuscritas


2 fezestes] fazestes V   4 fui] sin V   6 querrei] q̅irey B   8 verriades] Veiriades B   13 ainda] aiuda B

Variantes editoriais


1 vos] vus Blasco   16 vos] vus Blasco

Paráfrase


(I) Non vos lembra, meu amigo, o agravio que me fixestes? Acordastes falar comigo, fun eu e vós non viñestes, e queredes falar comigo mais non hei querer eu, amigo.

(II) Jurastes que de calquera forma viriades gostosamente antes de que abrise o día; mentístesme, ai, perxuro, e queredes falar comigo mais non hei querer eu, amigo.

(III) E aínda me rogaredes que eu fale convosco nalgures, e por canto me facedes direi que non vos coñezo, e queredes falar comigo mais non hei querer eu, amigo.

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 7’A 7’A (I = [Tav 58:8]) + 7’a 7’b 7’a 7’b 7’B 7’B (II-III = [Tav 99:76])

Encontros vocálicos: 10 -mi,‿ai; 13 *E‿ainda

Notas


Texto
  • *

    O refrán desta cantiga de Pero Garcia Burgales aparece integrado como os dous versos finais da composición 471, un escarnio de Afonso X contra Don Meendo de Candarei, un exemplo de «intertextualidade parodística» (Gonçalves 2016 [1992]: 225).  

  • 5-6

    A puntuación de Blasco no segundo verso do refrán (E non querrey eu amigo!) indica que o editor francés interpreta amigo como CD de querrei, e non como vocativo. 

    Por outra banda, é desnecesario o carácter interrogativo que Marcenaro considerou para o v. 5, pois confire un ton forzado ao refrán ao aparecer a hipotética resposta no v. 6 iniciada cunha copulativa:
              ¿e queredes falar migo?
              e non querrei eu, amigo.

  • 13

    Para manter o carácter heptasilábico do verso sen recorrer a unha anómala sinalefa *eainda sería necesario considerar a existencia dunha episinalefa amigo/E. Ou, alternativamente, ainda podería constituír un caso de banalización dos copistas da variante inda, minoritaria no corpus (E inda...).

     

Buscar
    Non se atopou ningún resultado