570 [= Tav 25,18]
Ben entendi, meu amigo

En esta folha adeante se començan as cantigas d’amigo que o mui nobre Don Denis, rei de Portugal fez

Ben entendi, meu amigo,
que mui gran pesar ouvestes
quando falar non podestes
vós noutro dia comigo;
mais certo seed’, amigo,
que non fui o vosso pesar
que s’ao meu podess’iguar.
Mui ben soub’eu por verdade
que erades tan coitado
que non avia recado;
mais, amigo, aca tornad’, e
sabede ben por verdade
que non fui o vosso [pesar
que s’ao meu podess’iguar].
Ben soub’, amigo, por certo
que, o pesar daquel dia
vosso, que par non avia,
mais pero foi encoberto;
e por én seede certo
que non foi o vosso pesar
[que s’ao meu podess’iguar],
ca o meu non se pod’osmar,
nen eu non o pudi negar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscritos


B 553, V 156

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 66 [= LPGP 184]); Nunes (1973 [1928]: 5-6); Cohen (2003: 586); Littera (2016: I, 211-212); Fassanelli (2021: 58).
II. Outras edicións: Moura (1847: 118-119); Monaci (1875: 64); Braga (1878: 32); Machado & Machado (1952: III, 164); Cohen (1987: 19-20); Júdice (1997: 21); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 57); Torres (1977: 247).

Variantes manuscritas


Rúbrica. En esta folha adeante] E ensta ffolha + {adean} : Eensta ffolha adeanc̄ V; començan] cōmenca B; cantigas] cātig(r)as V; mui nobre Don] muy {Nobre} Dom B : my rpbrē Dem V; fez] ffe\z/(x) V

Texto. 4 noutro] nontro   6 pesar] uesar V   7 iguar] ignar V   9 erades tan coitado] erates tā cuytado V   18 encoberto] entoberto V

Variantes editoriais


9 coitado] cuitado Lang, Fassanelli   11 tornad’, e] tornade Lang, Nunes, Cohen, Littera, Fassanelli   20 foi] fui Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Ben entendín, meu amigo, que sentistes un gran pesar cando non puidestes falar comigo o outro día; mais estade certo de que non foi o voso pesar (tal) que se puidese igualar ao meu.

(II) Moi ben souben eu que era certo que estabades tan coitado que non tiña remedio; mais, amigo, tornade aquí, e sabede ben que é verdade que non foi o voso pesar (tal) que se puidese igualar ao meu.

(III) Ben souben, amigo, que era certo que o pesar voso daquel día, que non tiña igual, aínda que foi encuberto; porén estade seguro de que non foi o voso pesar (tal) que se puidese igualar ao meu, (1) pois o meu non se pode calcular, nin eu non o puiden negar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’a 8C 8C + 8c 8c (= Tav 139:22)

Encontros vocálicos: 11 amigo,‿aca

Notas


Rúbrica
  • A rúbrica refírese, obviamente, a todas as cantigas de amigo dionisinas que veñen a seguir (cantigas 570-621).

    Repárese no artificio de repetición en posición de rima (dobre) nos vv. 1º e 4º de cada estrofa (I amigo; II por verdade; III certo).

Texto
  • 6

    Nótese a variación lingüística do refrán na P1 do pretérito de seer (I-II: fui; III: foi). Para fui como forma de P3 véxase nota a 6.26. Cfr. nota a 27.4-6.

  • 9

    Non é frecuente achar a variación -oi-/-ui- en coitado/cuitado entre os dous apógrafos italianos, pois, en xeral, é diverxencia que aparece entre o Cancioneiro da Ajuda vs. Cancioneiro da Biblioteca Nacional (cfr. nota a 70.1). Na realidade, nesta voz só se rexistra a variación -oi- B / -ui- V (véxase tamén 575.4, 1212.2, 1293.5). Cfr. nota a 681.4. Véxase Monteagudo (2013 e 2015).

  • 11

    Ningunha das precedentes edicións segmenta a copulativa no final do verso, opción tamén lexítima no contexto da cantiga.

  • 15-17

    Nótese o hipérbato tan violento que provoca a aparición dun período agramatical, coa antecipación da completiva que (vv. 16 e 17) e o deslocamento de o pesar daquel dia vosso (coa posposición do posesivo de pesar; véxase nota a 138.31): Ben soub’, amigo, por certo / que, o pesar daquel dia / vosso, que par non avia (véxase nota a 53.17-18), ou alternativamente, Ben soub’, amigo, por certo, o vosso pesar daquel dia, que par non avia, mais pero foi encoberto. Isto é, na realidade é sobrante un dos que:  Ben soub’, amigo, por certo, que (que) par non avia o vosso pesar daquel dia, mais pero foi encoberto.

  • 18

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado