I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 63-64 [= LPGP 215]); Nunes (1972 [1932]: 200-201); Littera (2016: I, 210).
II. Outras edicións: Moura (1847: 114-115); Monaci (1875: 63-64); Braga (1878: 31); Machado & Machado (1952: III, 160-161); Júdice (1997: 147); Montero Santalha (2004).
8 de] đ V 9 grand’, e] g̃ade V 10 por] Pᵉe B 11 mi] me V 13 Sempre] Senpro V; vos] uos B 15 passei] passou BV 16 praza] praxa B 20 preito] pyto V
3 teede] tẽede Nunes 4 vos] vós Lang 5 mi] me Nunes 6 est’é] éste Littera 9 mia] mi a Littera; grand’, e] grande Lang 10 teede] tẽede Nunes 11 mi teer poridade] me teer puridade Lang, Littera : me teer poridade Nunes 12 est’é] éste Littera 15 mais assi passei] [e] pois assi passou Lang : e, poi’l’assi passei Nunes : mais [pois] assi passou Littera 17 poridade] puridade Lang, Littera 18 est’é] éste Littera 19 tiro] tir(o) Nunes
(I) Por Deus, señora, pois non foi por non quererdes que non me fixestes ben, e foi por culpa miña, tende a ben, xa que pasou así, en galardón por canto vos servín, de me gardar o segredo, señora, e eu a vós, pois isto é o mellor.
(II) Non foi por non quererdes que non me fixestes ben, e Deus vos dea un bo galardón; mais a miña perda foi grande, e por iso, por mercé, tede por razoábel de me gardar o segredo, señora, e eu a vós, pois isto é o mellor.
(III) Sempre vos darei as grazas por isto, mais eu perdín en mérito e valor o que Deus quixo; mais xa que me pasou iso, prázavos, señora, por cal vos El fixo, de me gardar o segredo, señora, e eu a vós, pois isto é o mellor, (1) pois eu non obteño, nin vós, mérito ou valor deste caso se fose divulgado.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C + 10c 10c (= RM 99:7)
Encontros vocálicos: 15 ma·is; 19 tiro‿eu
Nesta cantiga aparece de nova unha leve variación lingüística no refrán, con vacilación vocálica en puridade ~ poridade, que afecta ás vogais velares (en posición átona neste caso), cunha vacilación fonética [o]-[u] que vai aparecer en múltiplos refráns en voces e formas de diversa condición (véxase 570, 714, 746, 1352, 1439 etc.). Ademais, neste refrán tamén se rexistra vacilación fonética na forma pronominal mi ~ me. Véxase nota a 102.26. Cfr. nota a 27.4.
Canto á voz puridade ‘segredo’, do lat. tard. puritatem, aparece de modo restrito no corpus trobadoresco, con só máis tres ocorrencias (860.9, 1049.2, 1075.13) nas cantigas profanas e outras tantas nas Cantigas de Santa Maria; ora ben, é especialmente frecuente na Crónica Geral Galega, para alén doutros textos galego-portugueses (véxase CGPA, s.v. puridade, poridade).
Littera optou, lexitimamente, por non segmentar o demostrativo na secuencia <este>. No entanto, consideramos que o demostrativo focaliza o asunto que se quere enfatizar: ‘isto (= gardar o segredo sobre o acontecido) é o mellor’.
As leccións <mĩguey> B e <minguey> V non permiten sabermos se estamos perante mingüei, de minguar, ou minguei, de mingar, variante tamén existente (véxase nota a 1415.30). Cfr. nota a 205.13.
Por outra parte, obsérvese que loor (tamén no v. 19) é variante única no corpus das cantigas profanas, fronte a formas do tipo louvar que concorren con loar (véxase nota a 618.10); ademais, agás pola aparición en 993.6, de Pero da Ponte, loor só se rexistra na poesía de Don Denis (véxanse tamén 496.17, 536.7, 8, 12, 537.16, 538.24, sempre asociado a prez nestas ocorrencias).
A contaxe bisilábica de mais evita calquera tipo de emenda no verso que Lang, Nunes e Littera fixeron condicionados pola aparente hipometría (véxase nota a 12.8). Ademais, Lang e Littera manteñen a P3 passou, que é claramente errada, pois ten que rimar en -ei co primeiro verso da estrofa e, en consecuencia, debe realizarse a emenda para passei.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: