525 [= Tav 25,94]
Que mui gran prazer que eu ei, senhor

Que mui gran prazer que eu ei, senhor,
quand’en vós cuid’e non cuido no mal
que mi fazedes! Mais direi-vos qual
tenh’eu por gran maravilha, senhor:
de mi viir de vós mal, u Deus non
pôs mal, de quantos eno mundo son.
E, senhor fremosa, quando cuid’eu
en vós e non eno mal que mi ven
por vós, tod’aquel temp’eu ei de ben;
mais por gran maravilha per-tenh’eu
de min [viir de vós mal, u Deus non
pôs mal, de quantos eno mundo son],
ca, senhor, mui gran prazer mi per-é
quand’en vós cuid’e non ei de cuidar
en quanto mal mi fazedes levar;
mais gran maravilha tenh’eu que é
de mi viir de vós mal, [u Deus non
pôs mal, de quantos eno mundo son],
ca, par Deus, semelha mui sen razon
d’aver eu mal d’u o Deus non pôs, non.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 527, V 110, T 4

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 33-34 [= LPGP 220-221]); Nunes (1972 [1932]: 116-117); Littera (2016: I, 182-183).
II. Outras edicións: Moura (1847: 45-47); Monaci (1875: 48); Braga (1878: 22-23); Machado & Machado (1952: III, 72-73); Montero Santalha (1997: 232-233); Júdice (1997: 106); Montero Santalha (2004); Ferreira (2005: 134-135).

Variantes manuscritas


5 viir] uur V   14 quand’en] Qn̄den B: q̄ndenV   16 gran maravilha] g̃ra m̃uilha   17 viir] mjr V   20 du o] dúú BV : duu V : [*]uu T1

Variantes editoriais


2 cuido no] cuid’e-no Lang   5 min] mi Littera   6 quantos] quantas Lang   11 min] mi Lang, Nunes   12 quantos] quantas Lang   18 quantos] quantas Lang   19 razon] sazon Nunes

Paráfrase


(I) Que gran pracer eu teño, señora, cando penso en vós e non penso no mal que me facedes! Mais direivos o que eu teño por unha gran marabilla, señora: virme mal de vós, en quen Deus non puxo ningún mal de cantos hai no mundo.

(II) E, señora fermosa, cando penso en vós e non no mal que me vén por causa de vós, todo ese tempo sinto como un ben; mais teño por unha gran marabilla virme mal de vós, en quen Deus non puxo ningún mal de cantos hai no mundo, (III) porque, señora, me resulta moi pracenteiro cando penso en vós e non teño que pensar en canto mal me facedes sufrir; mais penso que é unha gran marabilla virme mal de vós, en quen Deus non puxo ningún mal de cantos hai no mundo, (1) porque, por Deus, parece moito sen razón o feito de que eu reciba mal de onde Deus nunca o puxo, non.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:28)

Notas


Texto
  • *

    Nótese a relación desta cantiga co texto 505, tamén de Don Denis, a través dunha certa interxtualidade no refrán: ven-mi gran mal de vós, ai mia senhor, / en que nunca pôs mal Nostro Senhor.
    Por outra banda, esta cantiga é próxima ás cantigas ateúdas, con ligazón copulativa das dúas primeiras estrofas (véxase nota á cantiga 74).

  • 2

    A lección <cuydo no> BV desaconsella a lectura de Lang, cunha segmentación discutíbel (cfr. nota a 514.19).

  • 5

    Nótese a aparición de min, CI sen preposición, no refrán da estrofa II, transmitido polos tres manuscritos con esta variación a respecto das estrofas I e III (cfr. nota a 27.4-6). Pola presenza da forma tónica min na segunda ocorrencia do refrán cabería a posibilidade de considerar tamén tónicas as formas do vv. 5 e 17.

  1. ^

    Dado o estado extremadamente lacunoso de T, non referenciamos no aparato os innúmeros casos de carencia textual e cinxímonos a referir as variantes editoriais.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado