510 [= RM 25,79]
Pois que vos Deus fez, mia senhor

Pois que vos Deus fez, mia senhor,
fazer do ben sempr’o melhor
e vos én fez tan sabedor,
ũa verdade vos direi,
se mi valha Nostro Senhor:
erades boa pera rei.
E, pois sabedes entender
sempr’o melhor e escolher,
verdade vos quero dizer,
senhor, que sérvi’e servirei:
pois vos Deus atal foi fazer,
erades [boa pera rei].
E, pois vos Deus nunca fez par
de bon sén nen de ben falar
nen fara ja, a meu cuidar,
mia senhor e quanto ben ei,
se o Deus quisesse guisar,
erades bõa pera rei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 512, V 95

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 23-24 [= LPGP 213]); Nunes (1972 [1932]: 89-90); Littera (2016: I, 174); Fassanelli (2021: 40).
II. Outras edicións: Moura (1847: 24-25); Monaci (1875: 43); Braga (1878: 20); Machado & Machado (1952: III, 33); Júdice (1997: 92); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 46-47); Tavares (1943 [1923]: 23); Nemésio (1961 [1949]: 199-200); Tavares (1961: 18-19); Ferreira (1988: 59-60); Alvar & Beltrán (1989: 369); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 40); Arias Freixedo (2003: 366-367); Alvar & Talens (2009: 586); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 37); Souto Cabo (2017: 70).

Variantes manuscritas


13 Deus] (dez) đs V   14 sén] sen B   15 fara] fera B; cuidar] cuyder B

Variantes editoriais


3 vos] vós Lang   6 boa] bõa Lang, Littera   10 sérvi’] sêrvi’ Littera   12 boa] bõa Lang, Littera   16 e] por Lang   18 bõa] boa Nunes

Paráfrase


(I) Xa que Deus vos fixo, miña señora, facer sempre do ben o mellor e vos fixo niso tan sabia, vouvos dicir unha cousa que é ben certa, así Noso Señor me valla: erades boa para rei.

(II) E xa que sabedes comprender e escoller sempre o que é mellor, quérovos dicir unha verdade, señora, que sirvo e servirei: erades boa para rei.

(III) E xa que Deus non fixo nin fará xa, segundo eu penso, quen se vos poida comparar en ter bo xuízo e en falar axeitadamente, miña señora e canto ben teño, se Deus así o dispuxese, erades boa para rei.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8a 8B (= RM 13:48)

Encontros vocálicos: 10 sér·vi͜’e

Notas


Texto
  • 6

    Nótese a variación no refrán desta estrofa con respecto á nasalidade vocálica coa forma boa (I-[II]) e bõa (III). Véxase nota a 233.5.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado

    Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
    Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies:

    ConfiguraciónsAceptar