435 [= Tav 157,56]
Sennor fremosa, ja nunca sera

Sennor fremosa, ja nunca sera
ome no mundo que tenna por ben
se eu por vós moiro porque o sén
perdi cuidando no bon parecer
que vos Deus deu; por én vos estara
mal se me ben non quiserdes fazer.
E vós, sennor, podedes entender
que ést’assi: que nunca me perdon
Nostro Sennor se máis de coraçon
vos pud’amar do que vos sempre amei,
des que vos vi, e amo; mais morrer
cuido por vós se de vós ben non ei.
E, se eu moiro por vós, mui ben sei
que vos acharedes ende pois mal,
e por aquesto, mia sennor, máis val
de me guarirdes de mort’, ao meu
cuidar, ca per al non guarecerei,
pois Deus sobre mí [vos] tal poder deu.
E non tennades que vo-lo dig’eu
por al senon por ben voss’e por meu.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 270

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 532-533 [= LPGP 990]); Fernández Graña (2007: 321); Littera (2016: II, 567).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 159-160); Machado & Machado (1960: VII, 52); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 435).

Variantes manuscritas


5 vos] uos A; vos] uos A   10 vos] uos A; vos] uos A   11 vos] uos A   14 vos] uos A

Variantes editoriais


5 vos ... vos] vos ... vos Michaëlis   10 sempre] sempr(e) Michaëlis : sempr’ Littera; vos ... vos] vos ... vos Michaëlis   11 vos] vus Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis; acharedes] achar edes Michaëlis   16-17 ao meu / cuidar] ao meu cuidar Littera   18 [vos] tal poder deu] tal poder [vus] deu Michaëlis : tal poder [vos] deu Fernández Graña, Littera

Paráfrase


(I) Fermosa señora, xa nunca haberá ninguén no mundo que considere xusto que eu morra por vós, porque perdín a cordura pensando no fermoso rostro que Deus vos deu; por iso vos resultará mal se non me quixerdes facer ben.

(II) E vós, señora, podedes entender que é así: que nunca me perdoe Noso Señor se vos puiden amar, e amo, máis de corazón do que eu sempre vos amei desde que vos vin; mais penso morrer por vós se de vós non recibo ben.

(III) E se eu morro por vós, sei moi ben que despois vos sentiredes mal por iso, e por isto, miña señora, máis vale que me libredes da morte, segundo penso, pois doutro modo non me salvarei, xa que Deus vos deu tal poder sobre min.

(1) E non pensedes que volo digo por outra razón senón polo ben voso e polo meu.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10c + 10c 10c (= Tav 183:14)

Encontros vocálicos: 10 sempre‿amei

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é considerada anónima.

  • 8-9

    A expresión nunca me perdon Nostro Sennor aparece aquí integrada no discurso, a pesar do seu valor formulístico, igual que acontece con outras fórmulas similares en diversas pasaxes trobadorescas (370.16, 388.17, 808.3, 837.9, 1225.4).

  • 16-17

    A frase formularia aseverativa ao meu cuidar (erroneamente incorporada íntegra no v. 16 en Littera), só se rexistra nesta cantiga (véxase nota a 228.8).

  • 18

    Sendo posíbel a colocación michaëliana (e dos restantes editores) do vos suplementario, coidamos que é preferíbel a interpolación pronominal, conforme o modelo subministrado por outra cantiga, cun contexto moi similar: E, pois me vos Deus, mia senhor / fremosa, tan en poder deu (28.22-23). No entanto, existe outra posibilidade para restaurar a isometría versal: pois Deus sobre mí [a]tal poder deu.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado