428 [= Tav 136,7]
Ũa dona, de que falar oi

Ũa dona, de que falar oi,
desej’a veer e non posso guarir
sen a veer e sei que, se a vir,
u a non vir cuid’a morrer log’i:
pois que a vir, u a non vir prazer
de mí nen d’al nunca cuid’a veer.
A que non vi [e] m’en tal coita ten,
sol que a vir, u a non vir morrerei;
pois que a vir, u a non vir, non sei
ren que me guarde de morte por én:
pois que a vir, u a non vir [prazer
de mí nen d’al nunca cuid’a veer].
A que non vi e mi assi vai matar,
sol que a vir, u a vir matar-m’-á;
pois que a vir, u a non vir non á
ren que me possa de morte guardar:
pois que a vir, u a non vir [prazer
de mí nen d’al nunca cuid’a veer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 447

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 41-42); Beltrami (1974: 46 [= LPGP 880]); Littera (2016: II, 419).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 144-145); Machado & Machado (1950: II, 281); Rios Milhám (2018b: III, 428).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 800-801); Neves (2004: 38).

Variantes manuscritas


4 morrer] moirer B   8 sol] fol B; u a] hūa B; morrerei] moirerey B   13 mi assi] mhassy? B

Variantes editoriais


7 que] que [eu] Nunes; [e]] om. Nunes, Beltrami   14 [non]] om. NunesBeltramiLittera

Paráfrase


(I) Unha dona, de quen ouvín falar, desexo ver e non podo vivir sen a ver e sei que, se a vir, cando a non vexa penso que morrerei logo alí: despois que a vexa, cando a non vir, nunca penso ver pracer de min nin de outra cousa.

(II) A que non vin e me ten en tal coita, só que a vexa, cando non a vir morrerei; despois de que a vexa, cando non a vir, non sei de nada que me protexa da morte por tal causa: despois que a vexa, cando a non vir, nunca penso ver pracer de min nin de outra cousa.

(III) A que non vin e así me vai matar, só que a vexa, cando non a vir hame matar; despois de que a vexa, cando non a vir non hai nada que me poida librar da morte: despois que a vexa, cando a non vir, nunca penso ver pracer de min nin de outra cousa.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:218)

Encontros vocálicos: 13 mi‿assi; 14 u‿a

Notas


Texto
  • 2

    Na lingua trobadoresca o verbo desejar aparece en complexos verbais (desejar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 153.1, 208.2, 635.6, 754.6, 899.10, 952.8, 1010.2, 1089.89). Cfr. nota a 3.17.

  • 7

    Perante a hipometría do verso, a mellor opción parece a reintegración da copulativa, polo paralelismo co v. 13, mellor do que incorporar eu (Nunes) ou deixar o verso hipométrico (Beltrami).

  • 14

    Por correspondencia paralelística coas outras estrofas e tamén por contraste coa primeira parte do verso (e para que teña sentido o último refrán), semella que falta o adverbio de negación (u a non vir), feito sinalado por Rios Milhám. É certo que podería ter sentido a súa ausencia, mais iría en contra do xogo de antíteses rexistradas en toda a cantiga entre formulacións do tipo se a vir / pois que a vir / sol que a vir vs. u a non vir.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado