424 [= Tav 50,8]
Por mal de mí me fez Deus tant’amar

Por mal de mí me fez Deus tant’amar
ũa dona que ja per nen un sén
sei que nunca posso prender prazer
dela nen d’al; e, pois m’aquesto aven,
rog’eu a Deus que mi-a faça veer
ced’e me lhi leixe tanto dizer:
«Moir’eu, senhor, a que Deus non fez par».
E, pois lh’esto disser, u mi-a mostrar,
rogar-lh’-ei que mi dé mort’; e gran ben
mi fara i se mi-o quiser fazer,
ca mui melhor mi sera d’outra ren
de me leixar log’i morte prender,
ca melhor m’é ca tal vida viver
e ca meu tempo tod’assi passar.
E gran mesura Deus de me matar
fara, pois m’a mort’en seu poder ten,
ca El sabe que non ei d’atender
senon gran mal se viver; e por én,
se mi der mort’, ei que lhi gradecer,
ca por meu mal mi-a fez El conhocer,
esto sei ben, e tanto desejar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 442, V 54

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 890); Lanciani (1977: 108 [= LPGP 337]); Littera (2016: I, 380).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 26-27); Braga (1878: 11); Machado & Machado (1950: II, 274-275); Rios Milhám (2018b: III, 424).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 129-130).

Variantes manuscritas


4 aquesto aven] a questa· auē B : a questa aue V   5 veer] ueeu   6 leixe] le<...>e B   8 u mi-a] huuha B : hunha V   10 mi-o] nho B : raho V; fazer] faz V   12 prender] p̄nder V   13 viver] uiuerʳ B   14 e] om. B   16 mort’] mot B   18 senon] seuon B; viver] uu’j V

Variantes editoriais


1 fez] faz Michaëlis   2 nen un] nenhun Michaëlis, Lanciani : nẽum Littera   4 aquesto] aquest’ Michaëlis, Lanciani, Littera   9 dé] dê Michaëlis, Lanciani, Littera   16 m’a] mia Michaëlis : m[h]a Lanciani : m[i]a Littera; mort’en] morte en Lanciani : mort’em Littera   19 mi] me Michaëlis

Paráfrase


(I) Para o meu mal me fixo Deus amar tanto unha dona de que xa sei que nunca, de xeito ningún, podo recibir alegría dela nin doutra cousa; e xa que isto me acontece, rogo eu a Deus que ma faga ver cedo e me deixe dicirlle isto: «Eu morro, señora, a quen Deus non fixo par».

(II) E despois de lle dicir isto, cando ma mostre, rogareille (a Deus) que me dea a morte; e gran ben me fará se mo quixer facer, pois moito mellor me será que calquera outra cousa deixarme logo alí recibir a morte, porque me é mellor que vivir tal vida e que pasar así o meu tempo todo.

(III) E gran mesura fará Deus matándome, xa que a miña morte está na súa man, porque El sabe que non hei de esperar máis que mal se eu vivo; e por iso, se me der morte, hei de llo agradecer, pois para o meu mal ma fixo El coñecer e tanto desexar, isto sei eu ben.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10c 10b 10c 10c 10a (= Tav 228:1)

Encontros vocálicos: 4 aquesto‿aven; 5 mi-‿a; 8 mi-‿a; 10 mi-‿o; 20 mi-‿a

Notas


Texto
  • 16

    Por veces os manuscritos italianos presentan a variante posesiva ma en lugar da esperada mia (<mha>), xeralmente con diverxencia entre os dous manuscritos (véxase nota a 609.1); no entanto, nesta pasaxe non é necesario considerar ningun erro, lapso ou omisión por parte dos copistas, pois facilmente se pode segmentar a secuencia <ma> en m’a, considerando a presenza do pronome me en crase coa forma feminina do artigo de morte, cunha interpolación pronominal absolutamente común nos textos trobadorescos.
    Por outro lado, dada a lección de B neste punto (<ma motēsseu poder>), onde falta o <r> e onde o <t> podería ser resultado da frecuente confusión con <r>, poderíase pensar noutra lectura que respondería a unha estrutura moi recorrente nas cantigas de amor: pois m’Amor en seu poder ten. Con todo, a lección proposta, baseada no texto de V (<ma mortēsseu>), permite unha interpretación en que o namorado é consciente de que está xa en poder dunha coita mortal e o único que pide a Deus é que lle conceda axiña esa morte que o libere do tormento.

  • 19

    Este verso de Fernan Velho aparece literalmente no primeiro verso do refrán dunha cantiga de Pero Meendiz da Fonseca (1129.r1).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado