422 [= Tav 50,10]
Sennor, o mal que m’a min faz Amor

Sennor, o mal que m’a min faz Amor
e a gran coita que me faz sofrer,
a vó-lo devo muit’a gradecer,
e a Deus, que me vos deu por sennor,
ca ben o faço desto sabedor:
que por al non mi-o podia fazer
senon per vós, que avedes sabor
do mui gran mal que mi a min faz aver;
e, pois vos praz e lle dades poder
de me fazer, fremosa mia sennor,
o que quiser, enquant’eu vosso for
e vos de min non quiserdes doer
e da gran coita, de que sofredor
foi, e do mal, muit’á, sen meu prazer,
a vós dev’én mui bon grad’a põer,
ca non me dé Deus de vós ben, sennor,
que me pod’amparar de seu pavor,
se oj’eu sei al por que o temer;
mais, por Deus, que vos foi dar o maior
ben que eu d’outra dona oi dizer,
que me non leixedes escaecer
en me lle non defenderdes, sennor,
ca ben coido, de com’é traedor,
que me mate ced’, e pois non querer
gracir-vo-lo, pois que eu morto for;
e por quanto ben vos Deus fez, sennor,
guardade-vos de tal erro prender.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscritos


A 263, B 440, V 52

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 514-515); Lanciani (1977: 90-91 [= LPGP 338]); Littera (2016: I, 378-379).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 26); Braga (1878: 10); Carter (2007 [1941]: 154-155); Machado & Machado (1950: II, 269-270); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 422).

Variantes manuscritas


1 m’a min] mhamj B : mhami V   2 me] mj B : mi V   4 me] mj B : mi V; vos] uus A   5 faço] fraço B   6 non] nor V   7 per] por BV   8 min] mi BV   9 vos] uus A; e] uꝯ A; lle] lhi BV   10 me] mi BV; fazer, fremosa] faz f̄mosa   11 vosso] uyuo B : nyuo V   12 min] mj B : mi V   14 foi] fui BV   15 mui bon grad’a põer] mui {bõ} grand a poer A : muj ḡnda poēr B : muj ḡnda pōer V   16 me] mj B : mi V   17 amparar] enparar B : en parar V; pavor] amor BV   20 eu d’] om. BV; dizer] diz V   22 en me lle non] enō melhi BV   23 coido de com’é] cuydo de como e BV   24 mate] {mate} A   25 eu] {eu} A; querer] qret V   26 vos] uus A; Deus fez] fez deꝯ B : fez đs V   27 vos] us A : \u/ꝯ B; de tal erro] datal eiro B; prender] p̄nder V

Variantes editoriais


1 m’a min] mh-a mi Lanciani : mi a mi Littera   2 me] mi Lanciani, Littera   3 muit’a gradecer] muit’agradecer Lanciani, Littera   4 e] mi Lanciani, Littera; vos] vus Michaëlis, Lanciani   7 per] por Lanciani, Littera   8 min] mi Lanciani, Littera   9 vos] vus Michaëlis, Lanciani; e] vos Michaëlis; lle] lhi Lanciani, Littera   10 me] mi Lanciani, Littera   11 vosso] vyvo Lanciani : vivo Littera   12 vos] vus Michaëlis, Lanciani; min] mi Lanciani, Littera   14 foi] fui Lanciani, Littera   15 a põer] apõer Lanciani, Littera   16 me dé] me dê Michaëlis : mi dê Lanciani, Littera   17 amparar] emparar Lanciani   19 vos] vus Michaëlis, Lanciani   20 dona] don(a) Michaëlis   23 coido] cuydo Lanciani : cuido Littera; com’] como Lanciani, Littera   26 vos] vus Michaëlis, Lanciani; Deus fez] fez Deus Lanciani   27 vos] vus Michaëlis, Lanciani; de tal] d’atal Lanciani, Littera

Paráfrase


(I) Señora, o mal que me a min fai Amor e a gran coita que me fai sufrir, a vós o debo agradecer, e a Deus, que me vos deu por señora, porque ben o fago coñecedor disto: (de) que por nada máis mo podería facer (II) senón por vós, que tendes gusto polo moi gran mal que me a min fai ter; e pois vos prace e lle dades o poder, fermosa miña señora, de me facer o que quixer, en canto eu for (servidor) voso e non vos quixerdes apiadar de min (III) e da gran coita e do mal de que fun sufridor, desde hai moito tempo, sen o meu agrado, a vós debo eu estar moi agradecido, pois Deus non me dea de vós, señora, ben –que me pode amparar de seu pavor (de Amor)–, se eu hoxe coñezo outra cousa por que o temer; (IV) mais, por Deus, que vos foi dar o maior ben que eu doutra dona ouvín dicir, (pídovos) que non me deixedes esquecido sen me defenderdes del, señora, pois ben penso, por como é traidor, que me mate cedo, e despois non querer

(1) agradecérvolo, logo que eu estiver morto; e por canto ben vos fixo Deus, señora, gardádevos de tal erro cometer.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10a 10b + 10a 10a 10b (= Tav 132:2)

Encontros vocálicos: 6 mi-‿o; 8 mi‿a; 20 dona‿o·i

Notas


Texto
  • *

    O carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición non é reflectido en ningunha das edicións precedentes, pois só existe ligazón interesrófica parcial en Michaëlis (I-II) e mais Lanciani e Littera (I-III). Véxase nota á cantiga 15.

  • 3

    A forma agradecer era aínda unha forma inexistente na lingua trobadoresca, razón pola cal a segmentación de Lanciani (e Littera) non é correcta, xa que a é o nexo na perífrase dever + a + gradecer (véxase nota ao v. 15).

  • 9

    A lección de A presenta <uꝯ>, que non ten sentido con dous pronomes vos átonos no contexto agás que se interprete como un erro por <uos> (*e, pois vos praz, vós lle dades poder ...), que foi a opción de Michaëlis (e Lanciani).

  • 11

    Nótense as variantes redaccionais nos apógrafos italianos neste verso (vosso / vivo), así como no v. 17 (pavor / amor), diverxentes da tradición representada por A.

  • 14

    A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 15

    De novo se debe segmentar a como preposición na perífrase dever + a + põer. Véxase nota ao v. 3.

  • 19-25

    O período presenta unha expresión confusa. A idea principal é esta: ‘Mais, por Deus, señora, non me esquezades á hora de me defenderdes (do Amor), pois temo que, como é traidor, me mate cedo, e despois que eu for morto non quererá recompensarvos’.

  • 21

    Neste verso hai que supor un verbo elíptico do tipo peço ou rogo.

  • 23

    A locución conxuntiva de como neste contexto é causal.

  • 27

    Nótese, máis unha vez, a variación tal ~ atal entre A e BV (véxase nota a 10.4).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado