393 [= Tav 70,43]
Que muitos me preguntarán

Que muitos me preguntarán,
quando m’ora viren morrer,
por que moir’, e quer’eu dizer
quanto x’ende pois saberan:
moir’eu porque non vej’aqui
a dona que non vej’aqui.
E preguntar-m’-an, eu o sei,
da dona que diga qual é,
e juro-vos, per bõa fe,
que nunca lhis eu máis direi:
moir’eu porque non vej’aqui
a dona que non vej’aqui.
E diran-me que parecer
viron aqui donas mui ben,
e direi-vo-lhes eu por én
quanto mi ora oistes dizer:
moir’eu porque non vej’aqui
a dona que non vej’aqui.
E non dig’eu das outras mal
nen ben, nen sol non falo i;
mas, pois vejo que moir’assi,
digo est’e nunca direi al:
moir’eu porque non vej’aqui
[a dona que non vej’aqui].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 426, V 38; A 228, B 418, V 29

A copia de A comeza no v. 15.

Edicións


I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 66-67 [= LPGP 459]); Michaëlis (1990 [1904]: I, 445-446); Littera (2016: I, 509-510).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 19 e 22); Braga (1878: 6); Carter (2007 [1941]: 132-133); Machado & Machado (1950: II, 234-235); Domingues (1992: 24); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 393).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 29-30); Sansone (1990: 116).

Variantes manuscritas


1-14 om. A   1 om. B'V'   2 morrer] morer BV : moirer B'V'   3 moir’, e quer’eu] moyro e q̅rora BV   4 x’ende] rende V’; saberan] saleran V   5 porque] por quen B’V’   8 qual] q̄l V’   9 bõa] boa BV   10 nunca] uūca BB’; eu] em B : erꝯ V; máis] maⁱs B   11 moir’eu] moiren V’   13 me] mj B’ : mi V’   14 aqui] ad V’; ben] bam  15 lhes] lhis BV   16 quanto] ꝗ̄co V’; mi ora] mia ora A: mora BB’VV’; dizer] dis̄ V   17 vej’aqui] ueiquj B’   20 nen sol] uē sol B’ : (n)ē / nē sol V; falo i] faly BV : falj B’ : fali V’   21 mas] mays B’V’ : Mais B : mais V; pois] pois q̅ BV   22 digo est’e] digueste B’V’; nunca] uūca B’ : num / ea V

Variantes editoriais


1 preguntarán] preguntaran Michaëlis   9 vos] vus Michaëlis   13 me] mi Nobiling, Littera   15 lhes] lhis Nobiling, Littera   16 mi] m’ Nobiling, Littera; ora] or(a) Michaëlis   21 mas] mays Nobiling : mais Littera   22 digo est’e] dig[u]’est(o) e Michaëlis : digu’est’, e Nobiling, Littera

Paráfrase


(I) Moitos me preguntarán, cando me agora viren morrer, por que morro, e quero eu dicir canto sobre iso despois saberán: eu morro porque non vexo aquí a dona que non vexo aquí.

(II) E hanme preguntar, seino eu, pola dona para que diga cal é, e xúrovos, abofé, que nunca lles eu máis direi: eu morro porque non vexo aquí a dona que non vexo aquí.

(III) E diranme que viron aquí donas que son moi fermosas, e direilles eu por iso canto agora me ouvistes dicir: eu morro porque non vexo aquí a dona que non vexo aquí.

(IV) E non falo eu das outras mal nin ben, nin sequera falo diso; mais, pois vexo que morro así, digo isto e nunca direi outra cousa: eu morro porque non vexo aquí a dona que non vexo aquí.
 

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (I-III [= Tav 160:352]) + 8a 8b 8b 8a 8B 8B (IV [= Tav 151:8])

Encontros vocálicos: 16 mi‿ora‿o·is·tes; 22 digo‿est’

Notas


Texto
  • *

    Como acontece noutras cantigas de Joan Garcia de Guilhade, o refrán reitera a palabra rimante (aqui). Véxanse, tamén, as cantigas 385 (vi), 390 (eu), 397 (veen), 757 (alguen), 766 (diremos), 782 (verra).

  • 1

    O abrupto comezo da cantiga con que é frecuente no corpus trobadoresco, sempre seguido de muito ~ mui, que confire un carácter exclamativo (‘Canto...!’) ao inicio da composición (196.1, 199.1, 407.1, 574.1, 624.1, 836.1, 866.1, 942.1, 1023.1, 1040.1, 1173.1, 1397.1), para alén de que se poida tamén considerar que a conxunción inicial introduce un período dependente dun verbo declarativo elíptico, que nalgún texto é claro (253.1, 432.1, 737.1).

  • 4

    Este verso tamén podería ser lido como quanto x’én depois saberan, sen que o sentido varíe.

  • 5-6

    O refrán desta cantiga é ben similar aos versos finais dunha composición de Afonso X (465.20-21), que recolle intertextualmente como citación no final da estrofa III:
            Moir’eu porque non vej’aqui
            a dona que por meu mal [vi].
    Así mesmo, lembran outro refrán de Pero d’Armea (1085.5-6):
            Vedes por que: porque non vej’aqui
            a mia senhor, que eu por meu mal vi.

  • 10

    A pesar da presenza de én nalgunha das fontes, semella que eu é lectura máis axeitada á vista dos vv. 3, 15, 19. No entanto, cfr. o v. 4, coa forma ende.

  • 15

    Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético, resolto cunha asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (106.14, 135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 722.16, 767.2, 819.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción en 1388.8. A mesma solución se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle: e poy-ll’ ouveron comprada, | un dia ante da luz / moveron do porto Dovra (CSM 35.115); e poi-ll’ alçaron a mesa, | foi catar logo correndo / logar en que o fezesse (CSM 45.37); foi enton ela moi leda | poi-ll’ el diss’ onde ve͂era (CM 55.72).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado