369 [= Tav 3,6 (= 101,12)]
Sennor fremosa, creede per mí

Sennor fremosa, creede per mí
que vos amo ja mui de coraçon,
e gran dereito faç’e gran razon,
sennor, ca nunca outra dona vi
tan mansa nen tan aposto catar
nen tan fremosa nen tan ben falar
come vós, sennor; e, pois assi é,
mui gran dereito faç’en vos querer
mui gran ben, ca nunca pude veer
outra dona, sennor, per bõa fe,
tan mansa nen tan aposto catar
[nen tan fremosa nen tan ben falar]
come vós, por que cedo morrerei;
pero direi-vos ant[e] ũa ren:
dereito faç’en vos querer gran ben,
ca nunca dona vi nen veerei
tan mansa nen tan aposto catar
[nen tan fremosa nen tan ben falar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 226, B 401, V 11

En A a cantiga comeza no terceiro verso –ou, máis en concreto, coa última sílaba, çon, do v. 2–debido á ausencia do folio anterior.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 439 [= LPGP 671-672]); Littera (2016: II, 153).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 10-11); Braga (1878: 3); Carter (2007 [1941]: 131-132); Machado & Machado (1950: II, 200); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 369).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 44); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 144).

Variantes manuscritas


1-2 <...>çon A   2 coraçon] corazon V   3 dereito faç’e gram] dereit faç e mui grā A   4 outra] oura V   5 tan mansa nen tan] an mansa nē tan {T} {tan} / {tā māsa nē tā}  A : tā māsa netā V   8 dereito faç’en] deito fazan V; vos] uus A   9 pude] pudi BV; veer] ueer {(uiuer) ueer} A   10 senhor] f’mosa BV; bõa] bona V   13 morrerei] moirerey B   14 vos] uus A; ũa] uhā B : uħa V   15 faç’en] fazen V; vos] uus A

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis   8 vos] vus Michaëlis   9 pude] pud'i Littera   14 vos] vus Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Fermosa señora, crede por min que vos amo moi de corazón xa, e fago gran dereito e gran razón (niso), señora, porque nunca vin ningunha outra dona tan serena nin tan belamente ollar nin tan fermosa, nin tan ben falar (II) coma vós, señora; e, xa que así é, fago gran dereito en vos amar, pois nunca puiden ver outra dona, señora, abofé, tan serena nin tan belamente ollar nin tan fermosa, nin tan ben falar (III) coma vós, por quen cedo hei de morrer; mais antes direivos unha cousa: fago dereito en vos amar, porque nunca vin nin verei dona tan serena nin tan belamente ollar nin tan fermosa, nin tan ben falar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:5)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é tamén atribuída a Afonso Fernandez Cebolhilha.

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 3

    Probabelmente, o erro do Cancioneiro da Ajuda coa introdución do adverbio mui, que converte o verso en hipermétrico, estea condicionado pola reiterada aparición da partícula en mui de coraçon (v. 2), mui gran dereito (v. 8) ou mui gran ben (v. 19). Véxase nota a 65.1.

  • 10

    Obsérvese o lapso de BV na copia da cantiga, que a lección de A permite emendar convenientemente. En calquera caso, o evidente erro, por razóns métricas, remite a algunha outra equivalencia deste tipo que se pode achar nos cancioneiros (cfr. dona / senhor en 405.20).

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de AB), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilãoSobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado