364 [= Tav 6,8]
O meu Sennor [Deus] me guisou

O meu Sennor [Deus] me guisou
de sempr’eu ja coita sofrer,
enquanto no mundo viver,
u m’El atal dona mostrou,
que me fez fillar por sennor,
e non ll’ouso dizer «sennor».
E, se Deus ouvo gran prazer
de me fazer coita levar,
que ben s’end’El soube guisar
u me fez tal dona veer,
que me fez fillar por s[ennor,
e non ll’ouso dizer «sennor»!]
Se m’eu a Deus mal mereci,
non vos quis El muito tardar
que se non quisesse vingar
de mí u eu tal dona vi,
que me fez fillar por sennor,
[e non ll’ouso dizer «sennor»].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 225, B 396, V 6

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 434-435 [= LPGP 90]); Lorenzo Gradín (2008: 101); Littera (2016: I, 47-48).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 7-8); Braga (1878: 2); Carter (2007 [1941]: 131); Machado & Machado (1950: II, 190-191); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 364).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 18); Diogo (1998: 147).

Variantes manuscritas


1 me] mi BV   4 dona] doua B   5 que] ( )ue {Q refran} A   7 ouvo] ouue BV   9 me] mi BV; coita] coital V; levar] leuār B   11 me] mel BV   13 m’eu] men B; mereci] meçi B : me’zi V   15 vos] uus A   17 mí] mj̄ B : mī V

Variantes editoriais


7 ouvo] ouv’o Michaëlis : houve Littera   10 me] m'El Littera   14 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín

Paráfrase


(I) O meu Señor Deus dispuxo que eu sempre sufrise coita, mentres vivise no mundo, cando El me mostrou tal dona que me fixo tomar por señora e non ouso dicirlle «señora».

(II) E, se a Deus lle prougo moito facerme sufrir coita, que ben o soubo El dispor cando me fixo ver tal dona que me fixo tomar por señora e non ouso dicirlle «señora»!

(III) Se eu lle merecín mal a Deus, non vos quixo El tardar moito en se vingar de min cando eu tal dona vin que me fixo tomar por señora e non ouso dicirlle «señora».
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:316)

Notas


Texto
  • 1

    A mellor opción para compensar a ausencia dunha sílaba métrica no incipit é integrar a forma Deus, de modo que transpareza o sintagma Sennor Deus, paralelo ao frecuente Deus Senhor que é utilizado noutras cantigas. Cfr. nota a 259.17.

  • 4-5

    A interpretación sintáctica da ligazón entre o corpo da estrofa e o refrán é ambigua nas tres estrofas, pois é perfectamente posíbel considerar a existencia da locución consecutiva (a)tal (dona) ... que, ou, alternativamente, interpretar que como pronome relativa, función que parece máis clara na estrofa III.

  • 7

    A variante ouve de BV mostra como non é preciso segmentar o artigo en ouvo, P3 do pretérito indicativo de aver, con desinencia analóxica -o (véxase nota a 203.10).

  • 13-15

    Estes versos de Afonso Lopez de Baian parecen ecoar no refrán da cantiga 546, de Don Denis: se eu a Deus mal mereci, / ben se vinga per vós en mí!

Buscar
    Non se atopou ningún resultado