363 [= RM 6,10]
Sennor, que grav’oj’a mí é

Sennor, que grav’oj’a é
de me aver de vós a partir,
ca sei, de pran, pois m’eu partir,
que mi averra, per bõa fe:
averei, se Deus me perdon,
gran coita no meu coraçon!
E, pois partir os ollos meus
de vós, que eu quero gran ben,
e vos non viren, sei eu ben
que mi averra, sennor, par Deus:
averei, se Deus me perdon,
[gran coita no meu coraçon].
E, se Deus m’algun ben non der
de vós, que eu por meu mal vi,
tan grave dia vos eu vi:
se de vós grado non ouver,
averei, se Deus me perdon,
[gran coita no meu coraçon].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


A 224, B 395, V 5

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 433 [= LPGP 92]); Lorenzo Gradín (2008: 88); Littera (2016: I, 47).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 7); Braga (1878: 1-2); Carter (2007 [1941]: 130-131); Machado & Machado (1950: II, 189); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 363).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 259-260).

Manuscript variants


2 me aver] mauer BV; vós] nos B   4 averra] aueira B; bõa] boa BV   5 averei] uerey {A reffran} A; me] mi BV   6 coraçon] corazon V   7 E] om. A   8 quero] q̄to V; gran] om. BV   9 vos] uos A; sei eu] seu BV   10 averra] aue ira B; par] pᵉ BV    11 me] mi BV   13 m’algun] mi algū BV   14 meu] om. A : men V   15 vos] uos A   16 vós] nos B; ouver] oer BV   17 me] mj B : mi V

Editorial variants


2 me aver] m(e) aver Michaëlis   4 mi averra] m’averra Michaëlis   9 vos] vos Michaëlis   10 mi averra] m’averrá Michaëlis   13 m’algun] algum Littera   15 vos] vos Michaëlis

Paraphrase


(I) Señora, que difícil me é a min hoxe ter que me afastar de vós, porque sei, claramente, o que me pasará cando eu me vaia, sen dúbida: terei, así Deus me perdoe, gran coita no meu corazón!

(II) E unha vez que afaste os meus ollos de vós, a quen amo, e non vos vexan, sei eu ben, señora, o que me acontecerá, por Deus: terei, así Deus me perdoe, gran coita no meu corazón!

(III) E se Deus non me der algún ben de vós, a quen vin para a miña desgraza, en moi triste día vos vin: se non teño de vós algunha recompensa, terei, así Deus me perdoe, gran coita no meu corazón!

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:317)

Encontros vocálicos: 2 meaver; 4 miaverra; 10 miaverra

Notes


Text
  • 16

    Nótese a variación ouver A ~ oer BV que apaga as formas do tipo oer ~ ouer, oera, oesse. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.465.22, 68.11, 81.18, 141.6 (ouver A vs. oer B). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

Search
    No results

    This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
    Click below to accept or to edit your cookie settings.

    SettingsAccept