348 [= Tav 157,44]
Por non saberen qual ben desejei

Por non saberen qual ben desejei
e desejo eno meu coraçon,
nen o meu mal, assi Deus me perdon,
dig’eu aquest’e aquesto direi:
que desejo ben por que non dou ren,
e que me ven o mal que me non ven.
Por nunca ja ren saberen per mí
os que me veen por én preguntar
de que me veen en gran coit’andar,
juro-lles eu e digo-lles assi:
que desejo ben por que non dou ren,
[e que me ven o mal que me non ven].
E por esto non poderán saber
nunca meu mal per min mentr’eu poder,
e poderei sempre, se Deus quiser,
mentr’eu fezer às gentes entender
que desejo ben por que non dou ren,
[e que me ven o mal que me non ven].
E sabe Deus que muito mal me ven,
mais non d’ali donde se cuid’alguen.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 212

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 414-415 [= LPGP 306]); Littera (2016: I, 330); Bruno (2022: 46-47).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 124-125); Machado & Machado (1960: VII, 29-30); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 348).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 411-412).

Variantes editoriais


5 desejo ben] desej’o bem Littera : desej'o ben Bruno   8 veen] vẽen Michaëlis : vêm Littera   11 desejo ben] desej’o bem Littera : desej'o ben Bruno   13 poderán] poderan Michaëlis   16 às] as Michaëlis, Littera   17 desejo ben] desej’o bem Littera : desej'o ben Bruno

Paráfrase


(I) Para que non saiban cal é o ben que desexei e desexo no meu corazón, nin tampouco o meu mal, así Deus me perdoe, digo eu isto e isto direi: que desexo un ben que nada me importa e que me vén un mal que non me vén.

(II) Para que por min nunca saiban cousa ningunha os que me sobre iso veñen preguntar porque me ven andar con gran coita, eu xúrolles e dígolles así: que desexo un ben que nada me importa e que me vén un mal que non me vén.

(III) E por isto non poderán saber nunca o meu mal mentres eu puider (ocultalo), e poderei sempre, se Deus quixer, mentres eu fixer entender á xente que desexo un ben que nada me importa e que me vén un mal que non me vén.

(1) E Deus sabe que me vén moito mal, mais non de alí de onde pensa alguén.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:246)

Notas


Texto
  • 5

    No primeiro verso do refrán é posíbel segmentar o artigo (desej’o ben), tal como decidiron Littera e Bruno, en paralelo a mal, con artigo no verso seguinte. Con todo, desejar ben, co substantivo sen determinante, é a expresión xeral no corpus trobadoresco profano (cfr. 131.23, 841.r2, 973.8 etc.).

  • 16

    Gentes é CI con preposición a, razón por que às precisa un acento gráfico indicador de tal condición.

  • 20

    A forma donde, ocorrencia única no corpus face á forma xeral onde, ten abondosa documentación na prosa medieval (véxase CGPA, s.v. donde).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado