344 [= Tav 7,12]
Que sen meu grado me parti

Que sen meu grado me parti
de mia senhor e do meu ben,
que quero melhor d’outra ren!
E en grave dia naci
por eu nunca poder veer,
poi-la non vi, nen un prazer.
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 382

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 863 [= LPGP 97]); Littera (2016: I, 58).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 139); Machado & Machado (1950: II, 167); Rios Milhám (2018b: III, 344).

Variantes editoriais


4 en] que Michaëlis, Littera   6 nen un] nenhun Michaëlis : nẽum Littera

Paráfrase


(I) Canto contra a miña vontade me afastei da miña señora e do meu ben, que amo máis que a ningunha outra cousa! E en mal día nacín por eu nunca poder ver, desde que non a vin, ningún pracer!

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8c 8c (= Tav 160:322)

Notas


Texto
  • *

    Este texto forma parte do conxunto de composicións fragmentarias ou cantigas monoestróficas de Afonso Meendez de Beesteiros (véxase nota á cantiga 340).
    A cantiga non foi incluída na edición crítica do cancioneiro de Afonso Meendez de Beesteiros realizada por Marcenaro (2013).

  • 4

    A emenda de Michaëlis (e Littera) coa substitución de en por que non ten xustificación ecdótica nunha frase que se atesta tamén en 167.7 e 1258.10.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado