318 [= Tav 72,4]
Coit’averia se de mia sennor

Coit’averia se de mia sennor,
quando a visse, coidasse aver ben
e non poder’eu vee-la per ren;
pois end’agora tan gran coita ei
como se dela ben cuidass’aver,
non morreria máis po-la veer,
o que non cuido mentr’eu vivo for,
nen o cuidei nunca, des que a vi:
d’aver seu ben; e, pero ést’assi,
ei tan gran coita d’ir u ela é
come se dela ben cuidass’aver:
[non morreria máis po-la veer],
nen andaria máis ledo, de pran,
do que eu ando porque cuido a ir
u ela é, que moiro por servir;
e assi moiro po-la veer ja
come se dela [ben cuidass’aver:
non morreria máis po-la veer],
pero entendo que faço mal sén
en desejar meu mal come meu ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 207, B 358

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 403 [= LPGP 470-471]); Littera (2016: I, 552-553).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 131); Carter (2007 [1941]: 122); Machado & Machado (1950: II, 128-129); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 318).

Variantes manuscritas


1 Coit’averia se de] Coyta queiria sehu de B   2 coidasse aver] cuydassa ueer B   3 vee-la] uēela A   5 como] omo A : Come B   6 morreria] moireria B   7 o] E B   9 e pero ést’assi] e pᵉa questassy B   11 cuidass’aver] cuydasse ueer B   12 nen] [N]on A : Nen B   13 nen] [N]on : Nen B   14 cuido a ir] cuydayr B   16 assi] asi A   17 come] Como B

Variantes editoriais


2 coidasse] coidass(e) Michaëlis : coidass’ Littera   3 poder’eu] poder’ eu Michaëlis   11 come] como Michaëlis, Littera   13 nen] Non Michaëlis : Nom Littera   14 cuido] cuid(o) Michaëlis : cuid’ Littera   17 come] como Michaëlis, Littera

Paráfrase


(I) Tería coita se da miña señora pensase recibir ben, cando a vise, e non puidesse vela de forma ningunha; xa que por iso teño agora tan gran coita como se pensase obter o seu ben, non morrería máis por vela, (II) cousa que, mentres eu viva, non penso nin pensei nunca, desde que a vin: obter o seu ben; e, aínda que é así, teño tan gran coita por ir a onde ela está como se pensase obter o seu ben: non morrería máis por vela, (III) nin estaría máis feliz, en verdade, do que estou, porque penso ir a onde está ela, que morro por servila; e así morro xa por vela como se pensase obter o seu ben: non morrería máis por vela, (1) aínda que sei que obro mal desexando (tanto) o meu mal como o meu ben.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10D 10D + 10e 10e (= Tav 203:1)

Encontros vocálicos: 2 coidasse‿aver; 14 cuido‿a

Notas


Texto
  • 1

    Esta cantiga de Lopez d’Ulhoa é unha verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda, aínda que na edición michaëliana só aparecen ligadas as estrofas I-II, e en Littera todas as cobras son independentes. Véxase nota á cantiga 15.

  • 2

    Nótese a alternancia de aver (A) e veer (B) na copia deste verso, tamén no v. 11, ambas formas correctas, embora mude o significado. A mesma ou similar variación entre códices é relativamente frecuente: veer A vs. aver BV (66.3183.6312.1417.8), aver A vs. veer B (92.8174.13), aver A vs. a veer B (188.28), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.

    Do mesmo xeito, na copia deste verso rexístrase a construción verbal coidar + infinitivo (en A), face a cuidar + a + infinitivo (en B).

    Por outra parte, o acento na 4ª sílaba aconsella optar pola sinalefa coidasse‿aver, aínda que tamén sería posíbel quando‿a.

  • 3

    A versión michaëliana do verso propón unha forma poder’, futuro de subxuntivo, que non é gramatical no contexto, pois o verbo principal é un pospretérito (averia, v. 1); a alternativa editorial lóxica é poder(a), cun uso subxuntivo do antepretérito, que contrasta con coidasse no v. 2, mais que se pode rastrexar no corpus trobadoresco (véxase, por exemplo, nota a 310.8).

  • 5

    O refrán presenta a variación lingüística como ~ come (véxase nota a 237.30) tanto na lección de A (como - come - come) como na de B (come - come - como). Cfr. nota a 27.4-6. Por outra parte, nótese a variación no primeiro verso do refrán en B, que na primeira estrofa presenta a lección cuidass’aver fronte a cuidasse veer na segunda, coa alternancia aver / veer que se detecta noutras pasaxes (véxase nota ao v. 2).

  • 15

    A forma <asi> é outra mostra no Cancioneiro da Ajuda de diferentes confusións gráficas no ámbito das sibilantes, nomeadamente da grafía <s> en contextos en que representa /s/, grafado de regra con <-ss->. Esta grafía detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <deues(e)> devesse (282.14), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (346.3, 982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23), <disesse> dissesse (199.28), <outrosi> outrossi (413.11, 17 e 23, cfr. outrossi no v. 5), <pos(o)> posso (409.14), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado