296 [= Tav 75,17 (= 157,42)]
Pois m’en tal coita ten Amor

Pois m’en tal coita ten Amor
por vós, dizede-me, sennor,
[q]ue vos non doedes de min:
en que grave dia vos vi
que vos non doedes de min?
E, pois m’el en tal coita ten
por vós, ai meu lum’e meu ben,
que vos non doedes de min,
[en que grave dia vos vi
que vos non doedes de min?]
Ai coita do meu coraçon,
dizede, se Deus vos perdon,
que vos non doedes de min:
[en que grave dia vos vi
que vos non doedes de min?]
Ai lume destes ollos meus,
dizede-mi agora, por Deus,
que vos non doedes de min:
[en que grave dia vos vi
que vos non doedes de min?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 185

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 365-366 [= LPGP 988]); Fernández Graña (2007: 261); Littera (2016: II, 564-565); Barberini (2014: 169-170).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 109-110); Machado & Machado (1960: VII, 27); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 296).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 59).

Variantes manuscritas


5 vos] uus A   8 que] (que) [Q]ue A   12 dizede] dizede me A

Variantes editoriais


3 vos ... min] vus ... mi Michaëlis   4 vos] vus Michaëlis   5 vos ... min] vus ... mi Michaëlis   8 vos ... min] vus ... mi Michaëlis   9 vos] vus Michaëlis   10 vos ... min] vus ... mi Michaëlis   12 dizede] dized(e)-me Barberini; vos] vus Michaëlis   13 vos ... min] vus ... mi Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis   15 vos ... min] vus ... mi Michaëlis   18 vos ... min] vus ... mi Michaëlis   19 vos] vus Michaëlis   20 vos ... min] vus ... mi Michaëlis

Paráfrase


(I) Dado que Amor me ten en tal coita por vós, dicídeme, señora, que non vos doedes de min: en que aciago día vos vin que non vos doedes de min?

(II) E, xa que me ten en tran gran coita por vós, ai miña luz e meu ben, que non vos doedes de min: en que aciago día vos vin que non vos doedes de min?

(III) Ai coita do meu corazón, dicídeme, así Deus vos perdoe, que non vos doedes de min: en que aciago día vos vin que non vos doedes de min?

(IV) Ai luz destes ollos meus, dícideme agora, por Deus, que non vos doedes de min: en que aciago día vos vin que non vos doedes de min?
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8a 8B 8B 8B (= Tav 42:16)

Encontros vocálicos: 17 -mi‿agora

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga (anónima) ten sido atribuída a Joan Perez d’Avoin, aínda que en Littera son suxeridos os nomes de Estevan Travanca e Estevan Reimondo.

  • 4-5

    Estes dous versos coinciden literalmente, con formulación enunciativa, co refrán dunha cantiga de Pero Meendiz da Fonseca:
              en grave dia vos eu vi,
              que vos non doedes de mí (1127.r).

  • 12

    No canto da omisión do pronome, en Barberini indícase tipograficamente a supresión da vogal en me perante consoante (feito fonético non documentado en galego-portugués1 ), se ben admite que “[i]l problema è da considerare ancora aperto”.

  1. ^

    No entanto, a única aparición certa de /d/ como consoante implosiva prodúcese na forma de transición judgar (véxase 415.14 no corpus profano), que é forma absolutamente esporádica en face de juigar ~ joigar.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado