278 [= Tav 79,13]
Desmentido m’á ‘qui un trobador

Desmentido m’á ‘qui un trobador
do que dixi da ama sen razon,
de cousas «pero» e de cousas «non»;
mais u menti quero-mi-o eu dizer:
u non dixi o meo do parecer
que lli mui boo deu Nostro Sennor,
ca de pran a fez parecer mellor
de quantas outras eno mundo son,
e mui máis mansa, e máis con razon
falar e riir, e tod’al fazer;
e fezo-lle tan muito ben saber
que en todo ben é mui sabedor,
e por esto rogo Nostro Sennor
que lle meta eno seu coraçon
que me faça ben, poi-lo a ela non
ouso rogar, e, se m’ela fazer
quisesse ben, non querria seer
rei nen seu fillo nen emperador
se per i seu ben ouvess’a perder,
ca sen ela non poss’eu ben aver
eno mundo nen de Nostro Sennor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


A 171, B 322

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 340-341 [= LPGP 530]); Correiaa (2001: 399); Correiab (2016: 69); Littera (2016: I, 603-604).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 118); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 36-37); Carter (2007 [1941]: 102-103); Machado & Machado (1950: II, 70); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 278).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 68); Torres (1977: 178); Gonçalves & Ramos (1983: 169); Dobarro Paz et alii (1987: 103); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 157); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 121); Diogo (1998: 132).

Variantes manuscritas


1 m’ á ‘qui] mhaa qui B   2 dixi] disse B   5 dixi o meo] dixo meyo B   8 eno] {e}no A   9 mansa, e máis] māsse muj B   11 fezo-lle] fezelhi B   13 rogo] roga B   14 lle] lhi B   15 me] mj B; faça] faza A   16 ouso rogar] ousa rogar B   17 querria] queria B   19 ouvess’a] ouuess(e) a A   21 eno] No B

Variantes editoriais


3 cousas «pero» e de cousas «non»] cousas pero, e de cousas non Michaëlis   5 dixi o] dix’ o Correiaa, Correiab   6 boo] bõo Michaëlis, Littera   13 rogo] rog’a Correiaa, Correiab   19 ouvess’a] ouvesse a Correiab

Paráfrase


(I) Desmentiume aquí un trobador do que dixen da ama, sen razón; a algunhas cousas poríalles un «pero» e a outras diría «non»; mais quero eu dicir onde mentín: en non dicir a metade da beleza que moi grande lle deu Noso Señor, (II) porque certamente a fixo a máis fermosa de cantas outras no mundo hai, e moito máis doce, e falar con máis razón e rir, e facer todo o demais; e fíxolle coñecer tanto ben que de todo ben é moi coñecedora, (III) e por isto rogo a Noso Señor que poña na súa vontade facerme ben, pois eu non me atrevo a rogarllo, e se me ela quixese facer ben, non querería ser rei nin seu fillo nin emperador (1) se por iso tivese que perder o seu ben, pois sen ela non podo eu ter ben no mundo nin de Noso Señor.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= Tav 189:9)

Encontros vocálicos: 4 -mi-‿o; 5 dixi‿o; 15 -lo‿a

Notas


Texto
  • *

    Esta composición de Joan Soarez Coelho é unha verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda, e como tal foi considerada na edición de Correia; polo contrario, Michaëlis só presenta ligazón interestrófica nas dúas primeiras cobras, mentres que en Littera todas as estrofas aparecen isoladas sintacticamente. Véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    O encontro á ‘qui do incipit reflicte a crase que o adverbio aqui estabelece co vocábulo anterior cando acaba en -a (di’aqui, 1031.1; verri’aqui, 215.18), mais presenta a forma ‘qui, con elisión da vogal inicial, nalgúns encontros coas formas verbais (tónicas) á (á ‘qui 1408.1, 1473.12) e mais é (é ‘qui, 140.21, 658.2, 1382.1). Fóra da produción poética, existe tamén algunha ocorrencia da forma reducida deste adverbio: Eu Sueyro Pérez, notario sobredicto, a fiz escrivir e poño qui meu sigño en testimuyo de verdade (Fernández de Viana y Vieites 1994: 37).

  • 2

    A variante dixi (tamén no v. 5) de A (cfr. disse B) contrasta forma xeral dixe no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 270.15-16. En calquera caso, a aparición de disse en A nesta cantiga como forma de P1 é variante rara no Cancioneiro da Ajuda, onde existen só outras dúas ocorrencias en 195.13 e 235.20 (disse A vs. dixi B). Véxase nota a 195.13.

  • 3

    As aspas marcan tipograficamente dun modo claro a interpretación do verso.

  • 5

    A forma meo ‘metade’ (< medium) convive con meio (variante transmitida sempre por BV), que funciona como substantivo ou como adxectivo anteposto, o mesmo que forma parte da loc. prep. en/(e)no meio de (456.4 e 6, 489.141030.14, 1377.14, 1473.9, 1631.13 etc.).

  • 9

    O Cancioneiro da Biblioteca Nacional equilibra a crase mans’e coa reiteración do adverbio mui: e mui máis mans’, e mui máis con razon.

  • 11

    Nótese a variación fezo A vs. feze B (véxase nota a 167.5).

  • 13

    A variante de B mostra como o verbo rogar admite as dúas construcións: con CD sen preposición ou con CI coa preposición a. Véxase nota a 68.1. Cfr. nota a 285.10.

  • 15

    Obsérvese a aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que deben ser postas en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 16

    De novo en B se rexistra a perífrase ousar + a + infinitivo fronte a A (ousar + infinitivo). Véxase nota a 95.16.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado