I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 332-333 [= LPGP 528]); Correiaa (2001: 329); Correiab (2016: 68); Littera (2016: I, 600-601).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 115-116); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 33); Carter (2007 [1941]: 100); Marques Braga (1945: 312-313); Machado & Machado (1950: II, 63); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 274).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 69-70); Spina (1972: 307-308); Torres (1977: 176); Jensen (1992: 170); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 156); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 118); Diogo (1998: 131); Arias Freixedo (2003: 527-528); Mongelli (2009: 22); Souto Cabo (2017: 141); Corral Díaz & Vieira (2023: 46-47).
1 chamada] dia mada B 3 desguisada] desguisa A 4 se] om. B 5 bõa] boa B 8 se por aquest’ama dev’a seer] Se por a q̄stama deuua seer A : Se pe aquesto amada a seer B 10 o] om. B; eu muit’] muyteu B 11 lle] lhi B 12 eu] {eu} A : om. B 14 ome] om{e} A 15 pastorinn’e] pastorie A 16 eu sei] en soy B 18 do mund’é a] domūda B 21 me pod’én] mj pode B
15 pastorinn’, e] pastorinha Correiaa, Correiab : pastor mi é Littera 18 ou] o[u] Michaëlis 19 é-o de] o[i]de Michaëlis; vos] vus Michaëlis 21 pod’én] pode Michaëlis, Littera
(I) Tal (muller) vexo eu aquí ser chamada ama que, desde o día en que nacín, nunca vin unha cousa tan sen xeito se non é por unha destas dúas razóns: por ser ese o seu nome, certamente, ou se llo din porque é amada (II) ou por fermosa ou por ben feita; se por isto debe ser ama, ela éo, podédelo crer, ou se o é por eu a amar moito, porque a amo, e podo ben xurar (isto): desde que a vin, nunca vin (outra) tan amada.
(III) E nunca vin cousa tan sen xeito como chamar alguén «ama» a tal muller tan noviña, a non ser que llo diga por todo isto que eu sei que lle pasa: porque a vexo a todos querer ben, ou porque é a máis amada do mundo.
(IV) E éo da forma como vos eu dixer, que, aínda que Deus me quixese facer ben, sen ela non mo pode facer!
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10c 10c 10’a + 10b 10b 10’a (= RM 189:19)
Esta cantiga foi a que desencadeou a polémica poética arredor do amor entre o trobador e unha ama (de leite), a ama, sutil xogo lexical de Joan Soárez Coelho desvelado por Ângela Correia (1996; véxase tamén Correia 2012). Coelho, como «trobador leterado», acode «á autoridade das Etimologiae de S. Isidoro de Sevilla, onde se explica o nome grego da curuxa, amma, relacionándoo con ‘amar’ porque a curuxa ama os nenos». Tras a ama da cantiga está «a clave que identificaría a muller amada polo poeta: Urraca Guterrez, filla do aristócrata castelán Goterre Soarez, [...] que era alcumado “Moucho”» (Arias Freixedo 2003: 529), razón pola cal Ângela Correia en 2016 edita sempre Ama con maiúscula.
No entanto, os trobadores contemporáneos, aínda que entenderían o alarde letrado de Joan Soarez Coelho, quixeron interpretar literalmente o termo ama co valor de ‘ama de cría / ama de leite’, e con este motivo compuxeron unha serie de textos de diverso teor, burlescos na súa maioría. Outras cantigas do «ciclo das amas» son as seguintes: Com’oj’eu vivo no mundo coitado, de Joan Soarez Coelho (UC 277); Desmentido m’á ‘qui un trobador, de Joan Soarez Coelho (UC 278); –Joan Soares, de pran as melhores, de Juião Bolseiro e Joan Soarez Coelho (UC 1197); –Quen ama Deus, Lourenç’, ama verdade, de Joan Soarez Coelho e Lourenço (UC 1432); Don Vuitoron, o que vos a vós deu, de Joan Soarez Coelho (UC 1433); Joan Garcia tal se foi loar, de Joan Soarez Coelho (UC 1434); Joan Soares, pero vós teedes de Airas Perez Vuitoron (UC 1501); Par Deus, Lourenço, mui desaguisadas, de Joan Garcia de Guilhade (UC 1520) e Esta ama cuj’é Joan Coelho, de Fernan Garcia Esgaravunha (UC 1530), xunto con Que alongad’eu ando d’u iria, de Pero Garcia Burgales (UC 179).
Aparentemente a lección de A podería ser válida: tan pastor i; mais probabelmente o corte superior do folio no Cancioneiro da Ajuda impida ver o til en <i> de modo que esteamos perante unha lección <pastorĩe>, neste caso xa coincidente coa de B, que adoptamos.
É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1019.22, 1020.19, 1051.19, 1057.19.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.